Atopa o teu curso
Programa de Formación Permanente do Profesorado
Información sobre o grupo de cursos
A sociedad actual esixe ás persoas que estean nun proceso de formación constante. O profesorado da universidade precisa un maior nivel de implicación pola complexidade e especialización da súa labor docente. A Universidade de Vigo pretende axudar ao profesorado a afondar no nivel de desempeño das competencias propias da súa labor docente e de xestión.
Para poder matricularte tes que entrar na plataforma.
Ordenar por: Nome | Modalidade | Tipo | Preinscrición | Matrícula
(Curso de formación do PDI) -
Este curso introduce ás/aos participantes no uso de intelixencias artificiais xenerativas e chatbots aplicada á docencia e investigación universitaria. Analizaranse as posibilidades das IA para ofrecer apoio e interactuar con estudantes, en aras dunha docencia de maior calidade. |
Período de matrícula: 30/04/2024 12:00 - 17/05/2024 23:59 Período de docencia: 03/06/2024 - 30/06/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
A educación en liña converteuse nunha parte fundamental da nosa sociedade, e Moodle destaca como unha plataforma líder neste ámbito. Para levar a experiencia educativa a un nivel superior, este curso céntrase no uso do plugin H5P dentro de Moodle. H5P é unha ferramenta poderosa que permite crear contido interactivo de maneira fácil e rápida. Desde cuestionarios e presentacións ata xogos e simulacións, H5P ofrece unha ampla gama de actividades interactivas que poden enriquecer enormemente a aprendizaxe en liña. |
Período de matrícula: 29/04/2024 12:00 - 13/06/2024 23:59 Período de docencia: 02/07/2024 - 19/07/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
A gamificación educativa é unha técnica docente para mellorar a motivación do alumnado no seu proceso de aprendizaxe. Non debe confundirse coa introdución de xogos na aula, pois é unha transformación máis fonda, que implica a aplicación de elementos, técnicas, mecánicas, ata deseño de xogos nunha contorna educativa. Unha destas técnicas é o Escape Room, que é un dos escenarios máis complexos de gamificación. Neste curso preténdese explicar estes conceptos, comprender o porqué gamificar e como facelo correctamente. Veranse tamén algunhas leccións aprendidas para entender que facer e que non facer para non cometer erros frecuentes á hora de implementar estas técnicas na aula. Combinaranse conceptos e sesións teóricas con outras máis prácticas e participativas. |
Período de matrícula: 19/04/2024 12:00 - 27/06/2024 23:59 Período de docencia: 11/07/2024 - 12/07/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
Neste obradoiro aprenderás a poñer en práctica metodoloxías de aprendizaxe inductiva e aula invertida incorporando actividades con ferramentas de intelixencia artificial (IA) xenerativa. |
Período de matrícula: 12/04/2024 12:00 - 24/05/2024 23:59 Período de docencia: 03/06/2024 - 04/07/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
A educación en liña converteuse nunha parte fundamental da nosa sociedade, e Moodle destaca como unha plataforma líder neste ámbito. Para levar a experiencia educativa a un nivel superior, este curso céntrase no uso do plugin H5P dentro de Moodle. H5P é unha ferramenta poderosa que permite crear contido interactivo de maneira fácil e rápida. Desde cuestionarios e presentacións ata xogos e simulacións, H5P ofrece unha ampla gama de actividades interactivas que poden enriquecer enormemente a aprendizaxe en liña. |
Período de matrícula: 05/04/2024 12:00 - 24/05/2024 23:59 Período de docencia: 03/06/2024 - 21/06/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
Un dos problemas máis importantes aos que se enfronta o profesorado universitario consiste en promover o desenvolvemento das súas capacidades intelectuais e emocionais. |
Período de matrícula: 04/04/2024 12:00 - 21/06/2024 23:59 Período de docencia: 01/07/2024 - 04/07/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
A linguaxe estatística R, coa súa interface gráfica RCommander, é o software liberado baixo unha licenza libre, referente nos estudos estatísticos e é unha alternativa real ás diferentes solucións privativas para este tipo de estudos. O curso vai desde a instalación de RCommander, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a realización de estudos estatísticos descritivos. |
Período de matrícula: 15/03/2024 12:00 - 15/04/2024 23:59 Período de docencia: 06/05/2024 - 07/06/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos. |
Período de matrícula: 15/03/2024 12:00 - 29/03/2024 23:59 Período de docencia: 15/04/2024 - 17/05/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
Scribus é un programa multiplataforma de maquetación, atópase dispoñible e de balde para ser descargado na seguinte URL https://www.scribus.net/downloads/stable-branch/ liberado baixo a licenza GNU GPL de software libre. Nesta formación atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a maquetación. |
Período de matrícula: 15/03/2024 12:00 - 15/04/2024 23:59 Período de docencia: 06/05/2024 - 07/06/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
A formación pretende axudar ao profesorado a mellorar a interacción en tempo real co seu alumnado a través de cuestionarios e actividades. |
Período de matrícula: 20/02/2024 12:00 - 26/04/2024 23:59 Período de docencia: 13/05/2024 - 26/05/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
A formación abrangue desde a función ata a estrutura da titoría académica no ámbito universitario. No primeiro bloque trataranse as bases teóricas, a planificación efectiva e a relevancia do titor/a académico/a. No segundo bloque detallaranse as modalidades e fases da titoría, as competencias da persoa que titoriza, as necesidades do alumnado, as estratexias de retroalimentación e a comunicación. E no último bloque abordaranse a implantación práctica da titoría, o emprego de ferramentas, as estratexias para unha titoría eficaz e a mellora continua. |
Período de matrícula: 19/02/2024 12:00 - 29/03/2024 23:59 Período de docencia: 10/04/2024 - 05/05/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
A formación pretende facilitar ao profesorado o uso de ferramentas tecnolóxicas que fomenten a aprendizaxe autorregulada do alumnado. |
Período de matrícula: 16/02/2024 12:00 - 03/05/2024 23:59 Período de docencia: 28/05/2024 - 09/06/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
Nas contornas educativas nos que se empregan sistemas de xestión da aprendizaxe (SGA) como Moodle, a educación inclusiva depende de tres elementos fundamentais: a accesibilidade do SGA, a accesibilidade dos contidos educativos que se publiquen no SGA e a interacción inclusiva entre o estudantado e o profesorado. Neste curso abordaranse temas avanzados da accesibilidade dos contidos educativos. En concreto, a accesibilidade das presentacións creadas cun paquete ofimático como Microsoft Office ou similar e a súa exportación a formato Adobe PDF. Ademais, tamén se abordará a reparación da accesibilidade dos documentos PDF mediante Adobe Acrobat Pro. Por último, tamén ser abordará a creación de vídeos educativos accesibles e a súa publicación en Youtube. |
Período de matrícula: 09/02/2024 12:00 - 05/04/2024 23:59 Período de docencia: 22/04/2024 - 26/04/2024 |
(Curso de formación do PDI) -
Nesta actividade formativa trabállanse competencias dixitais pertencentes á segunda área do Marco europeo para a competencia dixital dos/as educadores/as (DigCompEdu), e á segunda área do Marco de Competencia Dixital Docente Universitario. Concretamente, o desenvolvemento de recursos educativos dixitais interactivos con Genially incluiríase dentro da área 2, competencia 2.2., relacionada coa Creación e modificación de recursos dixitais. |
Período de matrícula: 31/01/2024 12:00 - 10/05/2024 23:59 Período de docencia: 11/06/2024 - 20/06/2024 |
(Curso de formación do PDI) - virtual
Este curso está orientado a descubrir e comprender as potencialidades do Podcast como ferramenta educativa. Ao longo do curso os participantes aprenderán a facer un guión, gravar os «audios» e montar e editar o seu propio podcast para compartir en servizos de distribución de podcasts ou nas ferramentas de teledocencia (Moodle, blog...). |
Período de matrícula: 22/01/2024 12:00 - 15/03/2024 23:59 Período de docencia: 01/04/2024 - 30/04/2024 |