Gamificación e Escape Rooms Educativos
Información do curso
Gamificación e Escape Rooms Educativos
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPGA24 | ||||
Nome | Gamificación e Escape Rooms Educativos |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | A gamificación educativa é unha técnica docente para mellorar a motivación do alumnado no seu proceso de aprendizaxe. Non debe confundirse coa introdución de xogos na aula, pois é unha transformación máis fonda, que implica a aplicación de elementos, técnicas, mecánicas, ata deseño de xogos nunha contorna educativa. Unha destas técnicas é o Escape Room, que é un dos escenarios máis complexos de gamificación. Neste curso preténdese explicar estes conceptos, comprender o porqué gamificar e como facelo correctamente. Veranse tamén algunhas leccións aprendidas para entender que facer e que non facer para non cometer erros frecuentes á hora de implementar estas técnicas na aula. Combinaranse conceptos e sesións teóricas con outras máis prácticas e participativas. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 19/04/2024 12:00 - 27/06/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 11/07/2024 - 12/07/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Describir as distintas técnicas de gamificación.
- Analizar as vantaxes de gamificar unha actividade ou materia.
- Aplicar técnicas de gamificación na docencia.
- Describir as técnicas para implantar un Escape Room Educativo.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase os días 11 e 12 de xullo. O 11 de xullo de 10 a 14 e de 16 a 20 e o 12 de xullo de 10 a 14 horas.
Programa
- Que é a gamificación educativa.
- Por que gamificar a clase.
- Como aplicar a gamificación na aula.
- Leccións aprendidas: que facer e que non facer.
- Escape Room Educativo.
Impartido en
Campus de Vigo.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.
Profesorado
César Cáceres Taladriz
É profesor titular na Universidade Rey Juan Carlos, onde imparte docencia desde 2003 na ETSI Informática. Desde 2018 é Director do Centro de Innovación Docente e Educación Dixital (CIED) da devandita universidade.
Recibiu varios premios e recoñecementos ás súas propostas de innovación docente e impartiu varios cursos e seminarios en diversas universidades sobre flipped learning e sobre gamificación e Escape Rooms Educativos.
Sistema de avaliación
- Asistencia ao 80 % do curso.
- Deseño dun Escape Room Educativo.