Creación de infografías e deseños vectoriais

Información do curso

Creación de infografías e deseños vectoriais


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCIDE24
Nome Creación de infografías e deseños vectoriais
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos.
Durante o curso utilizarase Inkscape, unha aplicación multiplataforma de código aberto liberada baixo a licenza GNU GPL. Esta aplicación encontrase dispoñible e de balde para ser descargada na seguinte URL: https://inkscape.org/ja/release/inkscape-1.1.2/
No curso atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a infografía.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

CIXUG.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 15/03/2024 12:00 - 29/03/2024 23:59
Período de docencia 15/04/2024 - 17/05/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Utilizar ferramentas para creación de imaxes e gráficos dixitais.
  • Descrición da contorna de Inkscape.
  • Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as composicións gráficas.
  • Crear ou modificar composicións visuais e adaptalas aos nosos proxectos.
  • Ter presentes os conceptos básicos da cor, composición e escena, para a creación de infografías e composicións complexas.
  • Mellorar a calidade de calquera traballo dixital.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona a través do campus do CIXUG do 15 de abril ao 17 de maio.

Desenvolveranse webinars optativos que están pendentes de fixar.

Programa

1. Introducción (2 horas)
-Software gráfico libre e software non libre.
-Obtención e instalación.
-Tipos de imaxes e usos.
-Interface gráfica.
-Interface gráfica e Inkscape.
-Obtención de recursos gráficos legais.

2. Deseño Vectorial básico (6 horas)
-Manexo básico de obxectos.
-Formas, propiedades e transformacións.
-Orden Z e capas.
-Textos e caligrafía.
-Recheos, gradientes e trazos.
-Copiar, duplicar e clonar.

3. Nodos e trazos (6 horas)
-Transformacións a trazos.
-Operacións booleanas.
-Manexo de nodos.
-Vectorización.

4. Infografías (3 horas)
-Significado e busca de información.
-Composición e proporción estética.
-Trucos e consellos para un ilustrador.
-Exemplos e traballos completos.

5. Efectos e filtros adicionais (3 horas)
-Filtros.
-Extensións.
-Pixart.
-Interpolación.
-Máis efectos artísticos.

Impartido en

Plataforma do CIXUG.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada polo CIXUG.

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

É enxeñeiro informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.
Ten experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación etc.).

Sistema de avaliación

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Inkscape. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.

A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:
-Participación (10 horas de conexión como mínimo).
-Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros etc...
-Posibilidade dunha proba final.

Realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom, nas que formular e solucionar dúbidas así como outros aspectos e dinámicas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos