Elaboración de materiais educativos accesibles para unha educación inclusiva. Avanzado

Información do curso

Elaboración de materiais educativos accesibles para unha educación inclusiva. Avanzado


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPACAV24
Nome Elaboración de materiais educativos accesibles para unha educación inclusiva. Avanzado
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 12
Descrición

Nas contornas educativas nos que se empregan sistemas de xestión da aprendizaxe (SGA) como Moodle, a educación inclusiva depende de tres elementos fundamentais: a accesibilidade do SGA, a accesibilidade dos contidos educativos que se publiquen no SGA e a interacción inclusiva entre o estudantado e o profesorado. Neste curso abordaranse temas avanzados da accesibilidade dos contidos educativos. En concreto, a accesibilidade das presentacións creadas cun paquete ofimático como Microsoft Office ou similar e a súa exportación a formato Adobe PDF. Ademais, tamén se abordará a reparación da accesibilidade dos documentos PDF mediante Adobe Acrobat Pro. Por último, tamén ser abordará a creación de vídeos educativos accesibles e a súa publicación en Youtube.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 09/02/2024 12:00 - 05/04/2024 23:59
Período de docencia 22/04/2024 - 26/04/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico. Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Interpretar as pautas de accesibilidade para a contido web (Web Content Accessibility Guidelines, WCAG) do World Wide Web Consortium.
  • Crear unha presentación accesible con Microsoft PowerPoint.
  • Xerar un documento Adobe PDF accesible a partir dunha presentación Microsoft PowerPoint accesible.
  • Crear un vídeo accesible para publicar en Youtube.
  • Avaliar a accesibilidade dun documento Microsoft PowerPoint, documento Adobe PDF e vídeo de Youtube.
  • Reparar a accesibilidade dun documento Adobe PDF.

Condicións de acceso

A persoa participante debe ser quen de:
- Empregar o sistema de ficheiros dun computador sen dificultade.
- Empregar un paquete ofimático como Microsoft Office ou similar sen dificultade.
- Coñecer as características de accesibilidade básicas dun documento Microsoft Word e o seu equivalente en Adobe PDF.
- Crear un documento Microsoft Word accesible e o seu equivalente accesible en Adobe PDF.
- Navegar pola Web e empregar aplicacións web sen dificultade.

As persoas participantes necesitan ter instalado nos seus equipos a última versión dos programas Microsoft PowerPoint e Adobe Acrobat Pro.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona a través do Campus remoto os días 22, 24 e 26 de abril de 16 a 20 horas.

Programa

- As pautas de accesibilidade para o contido web (Web Content Accessibility Guidelines, WCAG) do World Wide Web Consortium.
- Repaso da creación de documentos Microsoft Word accesibles.
- Creación de presentacións accesibles con Microsoft PowerPoint.
- Creación de documentos Adobe PDF accesibles a partir de presentacións Microsoft PowerPoint accesibles.
- Reparación da accesibilidade de documentos Adobe PDF mediante Adobe Acrobat Pro.
- Creación de vídeos accesibles e a súa publicación en Youtube.

Impartido en

Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.

Profesorado

Sergio Luján Mora

É catedrático do Departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Alacante. Obtivo o seu grao de Doutor Enxeñeiro en Informática na Universidade de Alacante no ano 2005 cunha tese sobre o modelado de almacéns de datos con UML. Realizou estancias posdoctorales en EE.UU. e Ecuador. Os seus temas principais de investigación inclúen o desenvolvemento de aplicacións web, a usabilidade e a accesibilidade web, o e-learning, os cursos en liña abertos e masivos (MOOC) e os recursos educativos abertos (REA).

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das sesións síncronas do curso. Será de obrigado cumprimento que as persoas participantes teñan accesa a cámara web durante o curso e preparado o micrófono para poder intervir na formación.
  • Obter unha cualificación mínima de 5 no cuestionario final (preguntas de selección múltiple, as preguntas mal contestadas restan).
  • Realización satisfactoria do exercicio práctico final consistente en dous partes:
    1. Creación dunha presentación accesible con Microsoft PowerPoint e a súa conversión a un documento Adobe PDF accesible.
    2. Creación dun vídeo accesible e a súa publicación en Youtube.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos