Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus
Información do curso
Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPCISC24 | ||||
Nome | Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Scribus é un programa multiplataforma de maquetación, atópase dispoñible e de balde para ser descargado na seguinte URL https://www.scribus.net/downloads/stable-branch/ liberado baixo a licenza GNU GPL de software libre. Nesta formación atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a maquetación. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.
Entidades organizadoras
CIXUG.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 15/03/2024 12:00 - 15/04/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 06/05/2024 - 07/06/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 1 |
---|---|
Número máximo de participantes | 5 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Enumerar distintos tipos de software DTP (Publicación de escritorio e autoedición).
- Manexar a contorna do Scribus.
- Aplicar coñecementos de maquetación avanzada.
- Exportar traballos en distintos formatos.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona a través do campus do CIXUG do6 de maio ao 7 de xuño.
O curso terá webinars optativos. Para ver as datas prema aquí.
Programa
1. Introdución ao curso:
- Software Libre e software non libre.
- Cultura Libre e Creative Commons.
- Obter recursos libres.
- Formatos estándares.
- Software DTP.
2. Introdución a Scribus:
- Espazo de traballo.
- Configurar un novo documento.
- Ferramentas de texto.
- Inserción básica de imaxes.
- Inserción de texto doutros documentos.
- Estilos de parágrafos.
- Xestión de ficheiros e do proxectos.
- Inserción de novas páxinas.
- Configuración básica da contorna.
- Menús contextuais.
- Panel de propiedades.
- Control do fluxo de textos.
- Historial de accións.
- Traballo con capas.
- Formas xeométricas.
3. Maquetación avanzada:
- Esquema.
- Aliñar e distribuír.
- Ordenado de páxinas.
- Medidas.
- Álbum de recortes.
- Formas complexas.
- Guías e táboas de maquetación.
- Editor interno e estilos.
- Modelos de traballo.
- Xestión da cor.
- Creación de índices.
- Configuración avanzada.
- Formularios.
4. Finalización e entrega:
- Recolección para a saída.
- Exportación a PDF.
- Exportación a formatos de imaxe.
- Exportación a outros formatos.
- Opcións avanzadas de impresión.
Impartido en
Plataforma do CIXUG.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada polo CIXUG.
Profesorado
Óscar Fernández Carballo
É enxeñeiro Informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.
Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...…).
Sistema de avaliación
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Scribus. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:
-Participación (10 horas de conexión como mínimo).
-Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros, etc...
-Posibilidade dunha proba final.
Realizaranse 4 videoconferencias voluntarias de aproximadamente 1 hora de duración, a través da plataforma Zoom, nas que plantexar e solucionar dúbidas así como outros aspectos e dinámicas.