Análise estatística con RCommander

Información do curso

Análise estatística con RCommander


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCIRC24
Nome Análise estatística con RCommander
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

A linguaxe estatística R, coa súa interface gráfica RCommander, é o software  liberado baixo unha licenza libre, referente nos estudos estatísticos e é unha alternativa real ás diferentes solucións privativas para este tipo de estudos. O curso vai desde a instalación de RCommander, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a realización de estudos estatísticos descritivos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

CIXUG.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 15/03/2024 12:00 - 15/04/2024 23:59
Período de docencia 06/05/2024 - 07/06/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Realizar estatísticas descritivas.
  • Manexar datos.
  • Xerar gráficos.
  • Facer distribuicións de probabilidade.
  • Realizar inferencias.
  • Facer regresións lineais simples.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona a través do campus do CIXUG do 6 de maio ao 7 de xuño.

Programa

  1. Comezando con R.

  2. Instalación.

  3. Instalación de paquetes.:
    - Instalación de paquetes RCommander.
  4.  Uso de RCommander:
    - Menús de RCommander.

  5. Manexo de datos:
    - Recodificar variables.
    - Estudo descritivo e infeccións cirúrxicas.
    - Recodificar e filtrar variables.

  6. Creación de datos.

  7. Estatística descritiva.

  8. Distribucións de probabilidade.

  9. Inferencia:
    - Intervalos de confianza.

  10. Regresión lineal simple:
    - Diagnósticos numéricos.

  11. Engadidos no RCommander.

Impartido en

Plataforma do CIXUG.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada polo CIXUG.

Profesorado

Miguel Ángel Rodríguez Muíños

É técnico informático da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.
É formador con ampla experiencia en software científico e de análise de datos. É membro fundador da Comunidade R-Hispano (Asociación de usuarios/as de R de España)e das Xornadas de Usuarios de R en Galicia; e administra  R-Help-es (listaxe de correo de R en castelán).
Tamén coordina o Proxecto EpiLinux (distribución científica de Linux) e do Proxecto BioStatFLOSS (recompilación de software libre de uso bioestatístico).

Sistema de avaliación

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de RCommander. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación. E ao final do curso existe unha proba final.

A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:
   - Participación (10 horas de conexión como mínimo) – 10 %.
   - Probas de autoavaliación por tema – 70 %.
   - Proba final – 20 %.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos