Tecnoloxías dixitais para fomentar a autorregulación da aprendizaxe

Información do curso

Tecnoloxías dixitais para fomentar a autorregulación da aprendizaxe


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPTD24
Nome Tecnoloxías dixitais para fomentar a autorregulación da aprendizaxe
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 10
Descrición

A formación pretende facilitar ao profesorado o uso de ferramentas tecnolóxicas que fomenten a aprendizaxe autorregulada do alumnado.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 16/02/2024 12:00 - 03/05/2024 23:59
Período de docencia 28/05/2024 - 09/06/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Presentar os fundamentos didácticos da aprendizaxe autorregulada.
  • Identificar as variables máis importantes para autorregular a aprendizaxe do estudantado.
  • Aplicar diferentes recursos tecnolóxicos para impulsar a aprendizaxe autorregulada do alumnado.
  • Analizar diferentes ferramentas tecnolóxicas para impulsar a aprendizaxe autorregulada.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona (6 horas) e modalidade virtual asíncrona (4 horas).
A parte virtual síncrona impartirase  a través do Campus remoto os días 28 e 30 de maio de 16 a 19 horas.
A parte virtual asíncrona levarase a cabo a través da plataforma Moovi ata as 23:59 horas do 9 de xuño.

Programa

1. Aprendizaxe autorregulada coma metodoloxía educativa:
   - Concepto e características xerais.
   - Principais modelos de análise sobre a aprendizaxe autorregulada.
   - Estratexias para promover a aprendizaxe autorregulada.

2. Tecnoloxía dixital e aprendizaxe autorregulado:
   - Análise do novo contexto educativo.
   - A tecnoloxía dixital coma oportunidade para incentivar a aprendizaxe autorregulada.
   - Ferramentas dixitais dispoñibles para intervir na aprendizaxe autorregulada.

3. Avaliación da aprendizaxe autorregulada:
   - Variables máis relevantes.
   - Instrumentos de medida.

4. Caso práctico "Tecnoloxía dixital, gamificación e aprendizaxe autorregulada".

Impartido en

Campus remoto e Moovi.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.

Profesorado

María Luz Martín Peña

É profesora titular da Universidade Rey Juan Carlos. É responsable do Grupo de Investigación de Alto Rendemento OPENMANUSERV e directora do Grupo de Innovación Docente en Direción e Operacións e Tecnoloxía (OMTECH). Ten ampla experiencia en formación do profesorado en universidades españolas.

 

Cristina García Magro

É profesora contratada doutora da Universidade Rey Juan Carlos. Participa no Grupo de Investigación de Alto Rendemento OPENMANUSERV e Grupo de Innovación Docente en Direción e Operacións e Tecnoloxía (OMTECH). Ten ampla experiencia en formación do profesorado en universidades españolas.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das partes presenciais e síncronas. Nas partes virtuais síncronas será obrigatorio de obrigado cumprimento que as persoas participantes teñan  accesa a cámara web durante o curso e preparado o micrófono para poder intervir na formación.
  • Superación das actividades prácticas obrigatorias.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos