Atopa o teu curso

Programa de Formación Permanente do PDI

Información sobre o grupo de cursos

A sociedad actual esixe ás persoas que estean nun proceso de formación constante. O profesorado da universidade precisa un maior nivel de implicación pola complexidade e especialización da súa labor docente. A Universidade de Vigo pretende axudar ao profesorado a afondar no nivel de desempeño das competencias propias da súa labor docente e de xestión.

Ordenar por: Nome  |  Modalidade  |  Tipo  |  Preinscrición  |  Matrícula  

Cuestións éticas na investigación con seres humanos: fundamentos, características e avaliación (Campus de Vigo)
(Curso de formación do PDI) - presencial

Todas as investigacións, que sexan realizadas por persoal docente de investigación ou por estudantes en formación (TFG, TFM e tese de doutoramento) e que utilicen seres humanos, os seus datos e as súas mostras como material de investigación, requiren unha avaliación ética como paso previo para comezalas.

Esta avaliación ética tamén é necesaria cando o deseño metodolóxico inclúe entrevistas, cuestionarios, ensaios, observación directa, gravacións de vídeo ou audio, experimentos de laboratorio e campo, ensaios e probas normalizados, análises económicas, etnográficas, avaliacións etc. De feito, estes enfoques poden diferir considerablemente ou apenas, dos dos estudos biolóxicos e biomédicos altamente regulados pola súa necesidade de persoas, das súas mostras e dos seus datos, como suxeitos de estudo.

En ciencia a avaliación científica e a avaliación ética considéranse complementarias. Non hai avaliación científica que poida obviar o valor social do coñecemento e das súas aplicacións esperables ao analizar as hipóteses, a metodoloxía, os antecedentes ou a capacitación do equipo, nin avaliación ética que ignore que unha metodoloxía incorrecta non pode compensarse cunha correcta protección da confidencialidade ou un aseguramento do dano impecables. De feito, é evidente que un proxecto de investigación  metodolóxicamente incorrecto é eticamente inaceptable, especialmente se se realiza con persoas.   

A historia e a experiencia demostraron amplamente que o autocontrol é insuficiente e hoxe en día considéranse necesarias as avaliacións de proxectos de investigación de organismos independentes antes de comezar.

Este seminario pretende expoñer por que todas as investigacións, incluída a investigación supervisada que utilice seres humanos, require a avaliación dun Comité de ética e quen, cando e como solicita e realiza a avaliación ética.

A composición plural dos Comités de ética, o coñecemento e experiencia en ciencias biomédicas, biolóxicas, sociais, xurídicas e do comportamento, a capacidade de deliberar e transparentar as súas análises e informes son outra garantía que amosa que a investigación nestes campos está feita do mellor xeito posible, e para conseguir un ben social e protexer ás e os participantes.

Esta actividade forma parte das liñas de accións do selo HR. Este selo busca mellorar o futuro profesional do personal investigador. Podes consultar máis información en: https://www.uvigo.gal/es/investigar/idi-uvigo/estrategia-investigadora/estrategia-personal-investigador-hrs4r .

Período de matrícula:
16/09/2019 12:00 - 06/10/2019 23:59

Período de docencia:
22/10/2019 - 31/10/2019
Formador/a de alumnado mentor no MEET-UVigo (Campus de Vigo)
(Curso de formación do PDI) - presencial

O MEET-UVigo é un Plan de Acción Titorial baseado na mentoría, onde alumnado de 4º  curso mentoriza a alumnado de 1º. Esta labor faina despois de recibir unha formación de 70 horas sobre competencias transversais (interpersoais, intrapersoais, comunicación, xestión do tempo e métodos de estudo).  Os módulos do curso son impartidos por profesorado voluntario.

Esta formación ten como obxectivo formar ao PDI que se quere incorporar ao grupo de formadores/as de mentores e mentoras.

Período de matrícula:
07/10/2019 12:00 - 29/10/2019 23:59

Período de docencia:
05/11/2019 - 06/02/2020
Incorporación do xénero na docencia universitaria e na transferencia de coñecemento (Campus de Vigo)
(Curso de formación do PDI) - presencial

O curso vai dirixido a dotar de estratexias ao profesorado en aras de implementar a perspectiva de xénero como estratexia metodolóxica na docencia universitaria e na transferencia de coñecementos. Realízase unha aproximación ao principio de igualdade de mulleres e homes. Delimítase conceptualmente o sistema sexo/xénero. Reflexiónase desde os materiais docentes, recursos, prácticas etc., sobre os estereotipos de xénero nas distintas disciplinas académicas. Por último, analízanse as potencialidades transformadoras do xénero no coñecemento científico.

Período de matrícula:
21/10/2019 12:00 - 10/12/2019 23:59

Período de docencia:
12/12/2019 - 13/12/2019
Oratoria e comunicación para docentes (Campus de Ourense)
(Curso de formación do PDI) - presencial

A competencia comunicativa é fundamental no desenvolvemento do labor docente. Toda persoa que comunica ben ten que acadar a captación da atención do alumnado e motivalo. Para iso terá que dominar diferentes técnicas relacionadas coa elaboración do contido que se quere transmitir, ter en conta os elementos que entran en xogo na comunicación (código verbal e non verbal) e desenvolver unha actitude empática para que a mensaxe chegue coa máxima eficacia á persoa receptora.

Período de matrícula:
18/09/2019 12:00 - 28/10/2019 23:59

Período de docencia:
05/11/2019 - 03/12/2019
Xestión electrónica de exames escritos (Campus de Vigo)
(Actividades recoñecidas coma formación permanente do profesorado) - presencial

Os sistemas de xestión da aprendizaxe permiten realizar e corrixir exames de preguntas obxectivas. Estas preguntas son pechadas e posúen diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O presente curso céntrase nunha ferramenta (BeA) que proporciona soporte TIC á xestión deste tipo de exames que se desenvolven con papel e bolígrafo e que inclúe a inscrición, ubicación do alumnado nas aulas, correción, revisión e comunicación co estudantado de forma electrónica. Esta aplicación axiliza o proceso de probas masivas.

Período de matrícula:
09/09/2019 12:00 - 30/09/2019 23:59

Período de docencia:
06/11/2019 - 13/11/2019
Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable (Campus de Vigo)
(Curso de formación do PDI) - semipresencial

A actividade formativa axudará a desenvolver aplicacións móbiles para android, desde a súa concepción, o bocetado, a programación (sen necesidade de coñecer linguaxes de programación) mendiante compiladores de aplicacións como AppInventor e Thunkable, a exportación e a instalación das aplicacións nos diferentes teléfonos móbiles e tablets que funcionen baixo o sistema operativo Android.

Período de matrícula:
18/10/2019 12:00 - 04/11/2019 23:59

Período de docencia:
06/11/2019 - 11/12/2019
Creación e tratamento de imaxes e fotografías (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual

O curso Creación e tratamento de imaxes e fotografías é unha actividade formativa que é recoñecida polas Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado coma Formación Permanente do PDI. 

Período de matrícula:
17/09/2019 12:00 - 30/09/2019 23:59

Período de docencia:
14/10/2019 - 14/11/2019
Introdución práctica ao flipped learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implantalo (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual

A actividade formativa busca a experimentación e aplicación de coñecementos a través de actividades que implican o uso dos conceptos pedagóxicos e ferramentas Flipped Learning.

Período de matrícula:
04/09/2019 12:00 - 29/09/2019 23:59

Período de docencia:
14/10/2019 - 13/11/2019

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos