Atopa o teu curso

Programa de Formación Permanente do PDI

Información sobre o grupo de cursos

A sociedad actual esixe ás persoas que estean nun proceso de formación constante. O profesorado da universidade precisa un maior nivel de implicación pola complexidade e especialización da súa labor docente. A Universidade de Vigo pretende axudar ao profesorado a afondar no nivel de desempeño das competencias propias da súa labor docente e de xestión.

Ordenar por: Nome  |  Modalidade  |  Tipo  |  Preinscrición  |  Matrícula  

Creación de infografías e deseños vectoriais (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual

A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos.
Durante o curso utilizarase Inkscape, unha aplicación multiplataforma de código aberto liberada baixo a licenza GNU GPL. Esta aplicación encontrase dispoñible e de balde para ser descargada na seguinte URL: https://inkscape.org/es/descargas/
No curso atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a infografía.

Período de matrícula:
08/04/2020 12:00 - 23/04/2020 23:59

Período de docencia:
11/05/2020 - 12/06/2020
Creación, xestión e mantemento de páxinas web con Wordpress no teu espazo web da @uvigo (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual

O curso busca que o profesorado poida xerar e modificar os contidos en blogs e webs, identificando  as necesidades de comunicación e a personalizando os contidos e deseño.

Período de matrícula:
21/04/2020 12:00 - 22/05/2020 23:59

Período de docencia:
01/06/2020 - 30/06/2020
Ciclo de conferencias de introdución á docencia en liña (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual
Período de matrícula:
14/05/2020 12:00 - 29/05/2020 23:59

Período de docencia:
03/06/2020 - 17/06/2020
Wordpress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual

O curso busca que o profesorado poida xerar e modificar os contidos en blogs e webs, identificando  as necesidades de comunicación e a personalizando os contidos e deseño.

Período de matrícula:
15/05/2020 12:00 - 12/06/2020 23:59

Período de docencia:
01/07/2020 - 31/07/2020
Deseño e creación de podcast educativos (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual

Este curso está orientado a descubrir e comprender as potencialidades do Podcast como ferramenta educativa. Ao longo do curso os participantes aprenderán a facer un guión, gravar os «audios» e montar e editar o seu propio podcast para compartir en servizos de distribución de podcasts ou nas ferramentas de teledocencia (Moodle, blog...).

Período de matrícula:
15/05/2020 12:00 - 28/05/2020 23:59

Período de docencia:
01/06/2020 - 30/06/2020
Metodoloxías activas: Flipped learning-aprendizaxe inversa I (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual

Existen diversos estudos que demostran que cando o alumnado universitario implícase de maneira auténtica no seu proceso de aprendizaxe, os resultados que obteñen van máis aló da mera reprodución mecánica dos coñecementos académicos existentes, de modo que desenvolven competencias de pensamento e acción de orde superior. O  Flipped  Classroom ou aula inversa é un modelo pedagóxico que transfire o traballo de determinados procesos de aprendizaxe fose da aula e utiliza o tempo de clase, xunto coa experiencia do docente, para facilitar e potenciar outros procesos de adquisición e práctica de coñecementos dentro da aula. Neste curso presentarase este novo modelo pedagóxico, así como unha serie de estratexias de ensino vencelladas á formación centrada no alumnado.

Por tanto, trátase dun enfoque eminentemente práctico que proporcione á persoa asistente os coñecementos, recursos e ferramentas para levar modelos e metodoloxías innovadoras de inmediato no contexto da súa propia aula universitaria.

Período de matrícula:
20/05/2020 12:00 - 22/05/2020 23:59

Período de docencia:
25/05/2020 - 14/06/2020
Metodoloxías activas: Flipped learning-aprendizaxe inversa II (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual

A formación  responde a unha das preguntas máis reiteradas que se expoñen cando a aplicamos na aula.  Cales son as formas máis efectivas,  motivantes e innovadoras de empregar o tempo de clase co noso estudantado?

Este curso é un compendio de experiencias e boas prácticas sobre como xestionar o espazo grupal e desenvolver dinámicas de aprendizaxe activa. Aprenderás como ir «máis alá» das estratexias básicas do modelo de clase «ao revés» para apoiar outras relacionadas coa aprendizaxe activa.

Estas estratexias pedagóxicas inclúen:  Gamificación,  Mastery  Learning, Espazos de aprendizaxe, Aprendizaxe Baseada en Proxectos, Aprendizaxe entre Iguais, Indagación,  Team  Based  Learning, Estilos de aprendizaxe de  Kolb e un módulo completo sobre como acceder, analizar e aplicar as últimas investigacións sobre o  flipped  classroom.

Período de matrícula:
20/05/2020 12:00 - 08/06/2020 23:59

Período de docencia:
15/06/2020 - 12/07/2020
Como deseñar a miña materia para a docencia semipresencial (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual

A finalidade desta formación é adquirir as competencias básicas para afrontar a docencia en liña e semipresencial. A docencia en liña supón unha reformulación da docencia que vai máis alá do traspaso da docencia presencial a unha plataforma de teledocencia.

Período de matrícula:
26/05/2020 12:00 - 03/06/2020 23:59

Período de docencia:
08/06/2020 - 31/07/2020
Introdución práctica ao flipped learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implantalo (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual

O novo escenario educativo derivado da crise da COVID-19 esixe de docentes e alumnado a adaptación a novos enfoques metodolóxicos e estratexias docentes que aproveiten ao máximo as posibilidades da docencia en liña, pero tamén das sesións presenciais nas novas condicións que vaiamos atopar. O flipped learning é un enfoque que parte da optimización das sesións presenciais mediante o traslado das actividades que requiren menor carga cognitiva a espazos online, baixo a responsabilidade do alumnado no seu fogar, polo que achegarse dun xeito práctico ao modelo pode ser moi útil no contexto actual.

Período de matrícula:
27/05/2020 12:00 - 22/06/2020 23:59

Período de docencia:
29/06/2020 - 19/07/2020

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos