Atopa o teu curso

Programa de Formación Permanente do Profesorado

Información sobre o grupo de cursos

A sociedad actual esixe ás persoas que estean nun proceso de formación constante. O profesorado da universidade precisa un maior nivel de implicación pola complexidade e especialización da súa labor docente. A Universidade de Vigo pretende axudar ao profesorado a afondar no nivel de desempeño das competencias propias da súa labor docente e de xestión.

Para poder matricularte tes que entrar na plataforma.

Ordenar por: Nome  |  Modalidade  |  Tipo  |  Preinscrición  |  Matrícula  

Análise estatística con RCommander
(Curso de formación do PDI) -

A linguaxe estatística R, coa súa interface gráfica RCommander, é o software  liberado baixo unha licenza libre, referente nos estudos estatísticos e é unha alternativa real ás diferentes solucións privativas para este tipo de estudos. O curso vai desde a instalación de RCommander, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a realización de estudos estatísticos descritivos.

Período de matrícula:
15/03/2024 12:00 - 15/04/2024 23:59

Período de docencia:
06/05/2024 - 07/06/2024
Como aumentar a motivación do alumnado universitario
(Curso de formación do PDI) -

A motivación é un aspecto esencial no proceso de ensino-aprendizaxe e supón un reto para os/as docentes. A motivación do estudantado asóciase co seu rendemento académico, a súa asistencia e participación na clase e coas aprendizaxes significativas.

A motivación na aula pode ser aumentada a través de diversas pautas específicas e ferramentas. Este curso nace coa intenciónde potenciar a competencia de motivación do profesorado.

Período de matrícula:
07/02/2024 12:00 - 20/02/2024 23:59

Período de docencia:
01/03/2024 - 29/03/2024
Crea recursos dixitais interactivos con Genially
(Curso de formación do PDI) -

Nesta actividade formativa trabállanse competencias dixitais pertencentes á segunda área do Marco europeo para a competencia dixital dos/as educadores/as (DigCompEdu), e á segunda área do Marco de Competencia Dixital Docente Universitario. Concretamente, o desenvolvemento de recursos educativos dixitais interactivos con Genially incluiríase dentro da área 2, competencia 2.2., relacionada coa Creación e modificación de recursos dixitais.

O obxectivo principal do curso é que os/as participantes sexan capaces de crear recursos dixitais interactivos con Genially e que poidan utilizalos tanto no marco da súa actividade docente coma no da súa actividade investigadora. No ámbito da actividade docente este tipo de recursos son especialmente eficaces para transmitir información ou coñecemento (co formato de presentación, infografía, módulo didáctico, material educativo etc.) ou para crear recursos de gamificación (quiz, xogo ou escape room). En canto á actividade investigadora, poden ser un instrumento eficaz para difundir os resultados da investigación, utilizando un formato de recurso tipo microsite que poida empregarse como páxina web dun congreso, dun grupo de investigación ou dun proxecto de investigación.

Período de matrícula:
25/01/2024 12:00 - 07/03/2024 23:59

Período de docencia:
09/04/2024 - 18/04/2024
Crea recursos dixitais interactivos con Genially
(Curso de formación do PDI) -

Nesta actividade formativa trabállanse competencias dixitais pertencentes á segunda área do Marco europeo para a competencia dixital dos/as educadores/as (DigCompEdu), e á segunda área do Marco de Competencia Dixital Docente Universitario. Concretamente, o desenvolvemento de recursos educativos dixitais interactivos con Genially incluiríase dentro da área 2, competencia 2.2., relacionada coa Creación e modificación de recursos dixitais.

O obxectivo principal do curso é que os/as participantes sexan capaces de crear recursos dixitais interactivos con Genially e que poidan utilizalos tanto no marco da súa actividade docente coma no da súa actividade investigadora. No ámbito da actividade docente este tipo de recursos son especialmente eficaces para transmitir información ou coñecemento (co formato de presentación, infografía, módulo didáctico, material educativo etc.) ou para crear recursos de gamificación (quiz, xogo ou escape room). En canto á actividade investigadora, poden ser un instrumento eficaz para difundir os resultados da investigación, utilizando un formato de recurso tipo microsite que poida empregarse como páxina web dun congreso, dun grupo de investigación ou dun proxecto de investigación.

Período de matrícula:
31/01/2024 12:00 - 10/05/2024 23:59

Período de docencia:
11/06/2024 - 20/06/2024
Creación de infografías e deseños vectoriais
(Curso de formación do PDI) -

A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos.
Durante o curso utilizarase Inkscape, unha aplicación multiplataforma de código aberto liberada baixo a licenza GNU GPL. Esta aplicación encontrase dispoñible e de balde para ser descargada na seguinte URL: https://inkscape.org/ja/release/inkscape-1.1.2/
No curso atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a infografía.

Período de matrícula:
15/03/2024 12:00 - 29/03/2024 23:59

Período de docencia:
15/04/2024 - 17/05/2024
Deseño e creación de podcast educativos (Modalidade virtual)
(Curso de formación do PDI) - virtual

Este curso está orientado a descubrir e comprender as potencialidades do Podcast como ferramenta educativa. Ao longo do curso os participantes aprenderán a facer un guión, gravar os «audios» e montar e editar o seu propio podcast para compartir en servizos de distribución de podcasts ou nas ferramentas de teledocencia (Moodle, blog...).

Período de matrícula:
22/01/2024 12:00 - 15/03/2024 23:59

Período de docencia:
01/04/2024 - 30/04/2024
Elaboración de materiais educativos accesibles para unha educación inclusiva. Avanzado
(Curso de formación do PDI) -

Nas contornas educativas nos que se empregan sistemas de xestión da aprendizaxe (SGA) como Moodle, a educación inclusiva depende de tres elementos fundamentais: a accesibilidade do SGA, a accesibilidade dos contidos educativos que se publiquen no SGA e a interacción inclusiva entre o estudantado e o profesorado. Neste curso abordaranse temas avanzados da accesibilidade dos contidos educativos. En concreto, a accesibilidade das presentacións creadas cun paquete ofimático como Microsoft Office ou similar e a súa exportación a formato Adobe PDF. Ademais, tamén se abordará a reparación da accesibilidade dos documentos PDF mediante Adobe Acrobat Pro. Por último, tamén ser abordará a creación de vídeos educativos accesibles e a súa publicación en Youtube.

Período de matrícula:
09/02/2024 12:00 - 05/04/2024 23:59

Período de docencia:
22/04/2024 - 26/04/2024
Elaboración de materiais educativos accesibles para unha educación inclusiva. Introdución
(Curso de formación do PDI) -

Nas contornas educativas nos que se empregan sistemas de xestión da aprendizaxe (SXA) como Moodle, a educación inclusiva depende de tres elementos fundamentais: a accesibilidade do SXA, a accesibilidade dos contidos educativos que se publiquen no SXA e a interacción inclusiva entre o estudantado e o profesorado.
Neste curso abordarase a accesibilidade dos contidos educativos. En concreto, a accesibilidade dos documentos electrónicos creados cun paquete ofimático como Microsoft Office ou similar e a súa exportación a formato Adobe PDF. Ademais, tamén se abordará a creación de vídeos educativos accesibles e a súa publicación en Youtube.

Período de matrícula:
06/02/2024 12:00 - 01/04/2024 23:59

Período de docencia:
08/04/2024 - 10/04/2024
Introdución á Aprendizaxe-Servizo no ensino superior
(Curso de formación do PDI) -

A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha metodoloxía pedagóxica na cal os/as participantes aprenden mentres actúan sobre necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala. Deste xeito, este tipo de proxectos son unha oportunidade para establecer un maior vínculo entre universidade e sociedade nun marco de reciprocidade.
Nesta formación preténdese facer unha achega aplicada a esta estratexia metodolóxica, de tal xeito que poda ser integrada en materias de diferentes áreas de coñecemento.

Período de matrícula:
15/02/2024 12:00 - 05/04/2024 23:59

Período de docencia:
16/04/2024 - 25/04/2024
Introdución ao uso de intelixencias artificiais xenerativas na docencia e investigación universitaria
(Curso de formación do PDI) -

Este curso introduce ás/aos participantes no uso de intelixencias artificiais xenerativas e chatbots aplicada á docencia e investigación universitaria. Analizaranse as posibilidades das IA para ofrecer apoio e interactuar con estudantes, en aras dunha docencia de maior calidade.
Abordaranse aplicacións que fan uso de intelixencia artificial aplicada aos fluxos de traballo investigador, dende a concepción da idea investigadora, a revisión da literatura, a escrita e a corrección estilística de textos académico.
O curso proporcionará unha visión práctica de como integrar a intelixencia artificial xenerativa e chatbots no traballo académico cotián.
A través de vídeos de corte práctico animarase ao profesorado a experimentar coas ferramentas, de forma que poida consumir os contidos ao seu ritmo e probando as mesmas cousas que se fan no vídeos (e experimentando con cousas novas). Así mesmo, fomentarase a colaboración entre os/as participantes a través de foros asíncronos e titorías virtuais síncronas semanais para a resolución de dúbidas e outras cuestións de actualidade que poidan xurdir.

Período de matrícula:
19/01/2024 12:00 - 15/02/2024 23:59

Período de docencia:
01/03/2024 - 31/03/2024
Microsoft Excel para a docencia (Avanzado)
(Curso de formación do PDI) -

A formación está dirixida ao profesorado que ou ben posúe coñecemento básico da ferramenta con anterioridade ou ben participou no curso de iniciación que serve de introdución a este.

Ao finalizar o curso os/as participantes na formación coñecerán en profundidade as posibilidades que lles ofrece Excel para a importación e o tratamento de datos: cadros de mando, importación desde fontes de datos externas, conexión a bases de datos remotas etc.

Ademais, introducirase o concepto e utilidade do modelo de datos, permitindo, entre outros, a creación de táboas e gráficos dinámicos de múltiples fontes ao mesmo tempo. Así mesmo, analizaranse as posibilidades que ofrece Excel no campo da estatística introducindo as principais ferramentas dispoñibles neste campo.

Período de matrícula:
04/12/2023 12:00 - 12/01/2024 23:59

Período de docencia:
05/03/2024 - 02/04/2024
Office 365 básico. Outra forma de traballar
(Curso de formación do PDI) -

Este curso é eminentemente práctico e busca describir as diferentes aplicacións de Office 365 de Microsoft. A súa finalidade é dar solucións máis eficientes a tarefas do día a día e obter unha maior produtividade cun menor esforzo.

Período de matrícula:
18/01/2024 12:00 - 02/04/2024 23:59

Período de docencia:
15/04/2024 - 24/04/2024
Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus
(Curso de formación do PDI) -

Scribus é un programa multiplataforma de maquetación, atópase dispoñible e de balde para ser descargado na seguinte URL https://www.scribus.net/downloads/stable-branch/ liberado baixo a licenza GNU GPL de software libre. Nesta formación atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a maquetación.

Período de matrícula:
15/03/2024 12:00 - 15/04/2024 23:59

Período de docencia:
06/05/2024 - 07/06/2024
Tecnoloxías dixitais para fomentar a autorregulación da aprendizaxe
(Curso de formación do PDI) -

A formación pretende facilitar ao profesorado o uso de ferramentas tecnolóxicas que fomenten a aprendizaxe autorregulada do alumnado.

Período de matrícula:
16/02/2024 12:00 - 03/05/2024 23:59

Período de docencia:
28/05/2024 - 09/06/2024
Titoría académica e avaliación: sentido, usos e aplicacións
(Curso de formación do PDI) -

A formación abrangue desde a función ata a estrutura da titoría académica no ámbito universitario. No primeiro bloque trataranse as bases teóricas, a planificación efectiva e a relevancia do titor/a académico/a. No segundo bloque detallaranse as modalidades e fases da titoría, as competencias da persoa que titoriza, as necesidades do alumnado, as estratexias de retroalimentación e a comunicación. E no último bloque abordaranse a implantación práctica da titoría, o emprego de ferramentas, as estratexias para unha titoría eficaz e a mellora continua.

Período de matrícula:
19/02/2024 12:00 - 29/03/2024 23:59

Período de docencia:
10/04/2024 - 05/05/2024
Wooclap: dinamiza as túas clases e fomenta a participación do alumnado
(Curso de formación do PDI) -

A formación pretende axudar ao profesorado a mellorar a interacción en tempo real co seu alumnado a través de cuestionarios e actividades.

Período de matrícula:
20/02/2024 12:00 - 26/04/2024 23:59

Período de docencia:
13/05/2024 - 26/05/2024

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos