Titoría académica e avaliación: sentido, usos e aplicacións

Información do curso

Titoría académica e avaliación: sentido, usos e aplicacións


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPTIT24
Nome Titoría académica e avaliación: sentido, usos e aplicacións
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 20
Descrición

A formación abrangue desde a función ata a estrutura da titoría académica no ámbito universitario. No primeiro bloque trataranse as bases teóricas, a planificación efectiva e a relevancia do titor/a académico/a. No segundo bloque detallaranse as modalidades e fases da titoría, as competencias da persoa que titoriza, as necesidades do alumnado, as estratexias de retroalimentación e a comunicación. E no último bloque abordaranse a implantación práctica da titoría, o emprego de ferramentas, as estratexias para unha titoría eficaz e a mellora continua.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 19/02/2024 12:00 - 29/03/2024 23:59
Período de docencia 10/04/2024 - 05/05/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Avaliar criticamente o impacto da titoría académica, formulando e defendendo enfoques para unha titoría que sexa sostible e construtiva.
  • Demostrar unha comprensión reflexiva sobre as competencias clave da persoa titora académica e a súa integración dentro da función docente no contexto universitario.
  • Adquirir e aplicar técnicas, estratexias e instrumentos efectivos para mellorar a práctica da titoría académica.
  • Analizar como a titoría académica pode abordar as necesidades emerxentes na avaliación do alumnado e fomentar o desenvolvemento das competencias transversais.
  • Explorar e deseñar marcos de referencia que vencellan a titoría coa formación integral, contribuíndo ao perfil académico e profesional do estudantado universitario.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase nas seguintes modalidades:
-Virtual síncrona (4 horas): os días 10 e 25 de abril de 10 a 12 horas.
-Virtual asíncrona (16 horas): das 10 horas do 8 de abril ata as 23.59 horas do 5 de maio.

Programa

  1. Bloque 1. Xustificación e conceptos básicos:
    - Funcións da titoría académica. Implicacións para a docencia universitaria. Figura do/a titor/a académico/a.
    - Planificación dunha titoría académica pertinente ao estudantado e ás aprendizaxes que se promoven.

  2. Bloque 2. Referentes e planificación da titoría:
    - Modalidades. Individual, grupal. Presencial, non presencial e híbrida.
    - Fases da titoría académica.
    - Cualidades profesionais.
    - Necesidades do estudantado.
    - Procesos de retroalimentación e regulación. Tarefas, desempeños e sistemas de avaliación. A comunicación na titoría.

  3. Bloque 3: Operativización da titoría:
    - Instrumentos e estratexias para unha titoría académica sostible e construtiva.
    - Mentoría e programas de calidade.
    - Claves da titoría académica para unha formación universitaria integrada no perfil académico-profesional.

Impartido en

Campus remoto (parte síncrona) e Moovi (parte asíncrona).

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.

Profesorado

Abel Merino Orozco

É doutor en Educación pola Universidade de Zaragoza e exerce coma Profesor Permanente Laboral na Universidade de Burgos na área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación. É membro do grupo de investigación ETNOEDU. As súas liñas de investigación prioritarias son os procesos pedagóxicos e psicolóxicos na orientación educativa e titoría académica.

 

Alfredo Berbegal Vázquez

É doutor en Educación e exerce coma Profesor Permanente Laboral na Universidade de Zaragoza na área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación. É membro do grupo de investigación ETNOEDU. As súas liñas de investigación prioritarias son a epistemoloxía da complexidade; a educación; o benestar e a calidade de vida, e a orientación educativa.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das partes presenciais e síncronas. Nas partes virtuais síncronas será de obrigado cumprimento que as persoas participantes teñan  accesa a cámara web durante o curso e preparado o micrófono para poder intervir na formación.
  • Superación das actividades formuladas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos