Wooclap: dinamiza as túas clases e fomenta a participación do alumnado

Información do curso

Wooclap: dinamiza as túas clases e fomenta a participación do alumnado


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPWO24
Nome Wooclap: dinamiza as túas clases e fomenta a participación do alumnado
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 10
Descrición

A formación pretende axudar ao profesorado a mellorar a interacción en tempo real co seu alumnado a través de cuestionarios e actividades.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/02/2024 12:00 - 26/04/2024 23:59
Período de docencia 13/05/2024 - 26/05/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Examinar a ferramenta Wooclap para desenvolver clases máis dinámicas, participativas e interactivas.
  • Interpretar o uso tecnopedagóxico da ferramenta Wooclap para xerar actividades para o alumnado.
  • Distinguir as diferentes aplicacións prácticas de Wooclap na docencia presencial e docencia en liña.
  • Analizar os resultados obtidos polos/as estudantes e realizar accións de mellora no proceso de ensino-aprendizaxe.
  • Examinar casos de uso para aplicar na aula.
  • Deseñar actividades de aprendizaxe coa ferramentas Wooclap.
  • Empregar a ferramenta Wooclap en contornas de proba.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase nas seguintes modalidades:
-Virtual síncrona (6 horas): os días 13 e 14 de maio de 16 a 19 horas.
-Virtual asíncrona (4 horas): das 10 horas do 15 de maio ás 23.59 horas do 26 de maio.

Programa

  1. Que é e como fomentar a aprendizaxe activa:
    - A dinamización na aula.
    - A motivación no alumnado universitario.

  2. Presentación da ferramenta Wooclap:
    - Configuracións recomendadas.
    - Actividades síncronas con ligazóns públicas vs actividades síncronas con autenticación.
    - Eventos: características, posibilidades e aprender a xeralos.
    - Actividades con Wooclap: tipos e características.
    - Casos de uso das diferentes actividades.
  3. Actividades con Wooclap en Moodle:
    - Funcionalidades: modo competición, cronómetro, colaboradores/as, exportación de resultados, importación etc.
    - Muro de mensaxes.
    - Cuestionarios asíncronos.

  4. Integrar Wooclap noutras ferramentas como PowerPoint, Genially, Suite de Google etc:
    - Sincronización dos resultados do estudantado con Moodle.
    - Analítica que devolve Wooclap para a toma de decisións.
    - Ver e descargar os resultados.

Impartido en

Campus remoto (parte síncrona) e Moovi (parte asíncrona).

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.

Profesorado

Alba Balaguer Calderón

É licenciada en Pedagoxía pola Universidade Complutense de Madrid e posúe un mestrado en Educación e TIC (e-learning) pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC). É formadora en ferramentas dixitais  para a aprendizaxe e xestión e mentora do grao de Publicidade e Enxeñaría Industrial da Universidade Francisco de Vitoria. É profesora colaboradora na UOC en materias de Proxectos de Competencias Dixitais e consultora TIC Senior en Altia.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das sesións síncronas. Nas partes virtuais síncronas será de obrigado cumprimento que as persoas participantes teñan accesa a cámara web durante o curso e preparado o micrófono para poder intervir na formación.
  • Superación das actividades da parte asíncrona (4 horas).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos