Atopa o teu curso
Programa de Formación Permanente do Profesorado
Información sobre o grupo de cursos

A sociedad actual esixe ás persoas que estean nun proceso de formación constante. O profesorado da universidade precisa un maior nivel de implicación pola complexidade e especialización da súa labor docente. A Universidade de Vigo pretende axudar ao profesorado a afondar no nivel de desempeño das competencias propias da súa labor docente e de xestión.
web: http://eafp.uvigo.gal/gl/campus-aberto/formacion-e-innovacion-educativa/formacion/
Ordenar por: Nome | Modalidade | Tipo | Preinscrición | Matrícula
(Curso de formación do PDI) -
A actividade formativa céntrase na comprensión e entendemento da neurociencia educativa nas aulas universitarias como unha realidade tendo presente a esencia cognitiva do cerebro do alumnado universitario. Desde a neuroeducación defínense todos os conceptos necesarios para comprender o mecanismo cognitivo da aprendizaxe e se aportan ferramentas básicas para poder implantar a neurodidáctica na aula universitaria. Isto axudará a que as persoas participantes adquiran competencias teórico-prácticas para dinamizar as súas clases. |
Período de matrícula: 05/04/2022 12:00 - 29/04/2022 23:59 Período de docencia: 06/05/2022 - 27/05/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
A linguaxe estatística R, coa súa interface gráfica RCommander, é o software liberado baixo unha licenza libre, referente nos estudos estatísticos e é unha alternativa real ás diferentes solucións privativas para este tipo de estudos. O curso vai desde a instalación de RCommander, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a realización de estudos estatísticos descritivos. |
Período de matrícula: 27/05/2022 12:00 - 29/07/2022 23:59 Período de docencia: 19/09/2022 - 21/10/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos. |
Período de matrícula: 17/02/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59 Período de docencia: 30/05/2022 - 30/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos. |
Período de matrícula: 27/05/2022 12:00 - 29/07/2022 23:59 Período de docencia: 05/09/2022 - 07/10/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
A creación e manipulación de imaxes é unhas das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os/as participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, desde retocalas ou editalas, ata crealas desde cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico. |
Período de matrícula: 17/02/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59 Período de docencia: 30/05/2022 - 30/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
A creación e manipulación de imaxes é unhas das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os/as participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, desde retocalas ou editalas, ata crealas desde cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico. |
Período de matrícula: 27/05/2022 12:00 - 29/07/2022 23:59 Período de docencia: 05/09/2022 - 07/10/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
O curso desenvolve as competencias profesionais docentes necesarias para realizar un deseño tecno-pedagóxico de Aula Invertida nunha materia, e levalo á práctica. Trátase dun curso introdutorio e eminentemente práctico en torno ao modelo didáctico da Aula Invertida, de cara a ser empregado de xeito parcial ou total nunha materia e con especial insistencia na xeración de contidos educativos axeitados para este modelo. |
Período de matrícula: 05/04/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59 Período de docencia: 18/05/2022 - 13/07/2022 |
(Curso de formación do PDI) - virtual
Este curso está orientado a descubrir e comprender as potencialidades do Podcast como ferramenta educativa. Ao longo do curso os participantes aprenderán a facer un guión, gravar os «audios» e montar e editar o seu propio podcast para compartir en servizos de distribución de podcasts ou nas ferramentas de teledocencia (Moodle, blog...). |
Período de matrícula: 19/04/2022 12:00 - 20/05/2022 23:59 Período de docencia: 01/06/2022 - 30/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
Este curso está dirixido á comunidade docente e investigadora universitaria. Aclarará as principais dúbidas xurdidas durante a súa práctica profesional canto ao uso escrito e oral da lingua galega; incrementará a súa seguridade no uso do galego formal oral e escrito, e, consecuentemente, mellorará as súas competencias comunicativas nesta lingua. Ademais, achegará os recursos e coñecementos necesarios para que sexa capaz de detectar e resolver por si mesma as dúbidas lingüísticas fundamentais na súa práctica profesional. |
Período de matrícula: 04/04/2022 12:00 - 27/05/2022 23:59 Período de docencia: 06/06/2022 - 11/07/2022 |
(Curso de formación do PDI) - virtual
A actividade formativa está destinada para que o profesorado novel mellore as súas competencias docentes relacionadas coas metodoloxías, recursos didácticos tecnolóxicos, comunicación, acción titorial e avaliación por competencias. |
Período de matrícula: 18/03/2022 12:00 - 31/03/2022 23:59 Período de docencia: 01/04/2022 - 30/07/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
A gamificación educativa é unha técnica docente para mellorar a motivación do alumnado no seu proceso de aprendizaxe. Non debe confundirse coa introdución de xogos na aula, pois é unha transformación máis fonda, que implica a aplicación de elementos, técnicas, mecánicas, ata deseño de xogos nunha contorna educativa. Unha destas técnicas é o Escape Room, que é un dos escenarios máis complexos de gamificación. Neste curso preténdese explicar estes conceptos, comprender o porqué gamificar e como facelo correctamente. Veranse tamén algunhas leccións aprendidas para entender que facer e que non facer para non cometer erros frecuentes á hora de implementar estas técnicas na aula. Combinaranse conceptos e sesións teóricas con outras máis prácticas e participativas. |
Período de matrícula: 09/03/2022 12:00 - 27/05/2022 23:59 Período de docencia: 06/06/2022 - 15/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
GNU Octave e un software liberado baixo unha licenza libre. Considérase unha alternativa real ás distintas solucións privativas utilizadas na realización de estudos de cálculo numérico. O curso vai dende a instalación de Octave, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a instalación de librerías e complementos. |
Período de matrícula: 17/02/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59 Período de docencia: 30/05/2022 - 30/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
Na docencia e na investigación utilizamos termos especializados de áreas de coñecemento específicas e elaboramos glosarios ou, cando menos, definicións de conceptos especializados para introducir o alumnado nas disciplinas científicas. Facernos entender implica compartir información conceptual a través desas terminoloxías e definicións, que reflicten a complexidade do coñecemento en constante evolución. No noso labor diario enfrontámonos ás veces a vacilacións nas denominacións (varios termos para un mesmo concepto), a denominacións estranxeiras ou a un baleiro denominativo cando non existe un termo adecuado na lingua meta. Este curso pretende presentar as ferramentas e métodos para contribuír a solucionar estas dificultades desde a disciplina terminolóxica, a Terminografía e a Neoloxía. |
Período de matrícula: 29/04/2022 12:00 - 27/05/2022 23:59 Período de docencia: 30/05/2022 - 30/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
Neste curso aprenderase a redactar un documento científico en LaTeX desde cero, a través de exemplos prácticos que permitan coñecer dende os fundamentos máis básicos ata as opcións avanzadas desta linguaxe. LaTeX é un sistema de composición de textos, orientado á creación de documentos escritos que presenten unha alta calidade tipográfica. Polas súas características e posibilidades, é usado de forma especialmente intensa na escritura de artigos e libros científicos que inclúen, entre outros elementos, expresións matemáticas. |
Período de matrícula: 27/05/2022 12:00 - 29/07/2022 23:59 Período de docencia: 12/09/2022 - 15/09/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
GNU Octave e un software liberado baixo unha licenza libre. Considérase unha alternativa real ás distintas solucións privativas utilizadas na realización de estudos de cálculo numérico. O curso vai dende a instalación de Octave, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a instalación de librerías e complementos. |
Período de matrícula: 27/05/2022 12:00 - 29/07/2022 23:59 Período de docencia: 19/09/2022 - 21/10/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
A Realidade Virtual (RV) é unha contorna xerada a través das tecnoloxías para simular unha realidade e a Realidade Aumentada é un recurso tecnolóxico que ofrece experiencias interactivas ao alumnado combinando a dimensión virtual e física co emprego de dispositivos dixitais. |
Período de matrícula: 12/05/2022 12:00 - 16/09/2022 23:59 Período de docencia: 03/10/2022 - 03/11/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
O profesorado universitario cada día afronta o reto de deseñar e desenvolver un contexto de ensino que estimule a aprendizaxe relevante do alumnado nun novo escenario cada vez máis complexo e incerto. Como xerar unha cultura e uns principios pedagóxicos que conciba o ensino como un territorio de exploración e experimentación aberta e decidida de posibilidades de convivencia e de reinvención da subxectividade á vez que facilite a cooperación e a investigación sobre a nosa práctica docente? Estimular o desenvolvemento das competencias profesionais require repensarnos como docentes. As Lesson studies, son unha estratexia centenaria orixinaria de Xapón que recollendo a tradición da investigación acción, axúdanos, como docentes, a experimentar o tránsito continuo de reconstrución cooperativa do noso coñecemento ao pensamento práctico, deseñando, desenvolvendo, avaliando e volvendo ensinar de forma mellorada as propostas didácticas iniciais. |
Período de matrícula: 11/05/2022 12:00 - 10/06/2022 23:59 Período de docencia: 23/06/2022 - 07/07/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
Un dominio profesional da folla de cálculo require afondar nos temas que se tratan no curso de Iniciación a Calc, así como adquirir novas habilidades en ferramentas para a análise de datos e dominar as ferramentas gráficas que ofrece LibreOffice en todos os programas que integran a suite ofimática. |
Período de matrícula: 17/02/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59 Período de docencia: 23/05/2022 - 23/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
Os procesos de ensino e aprendizaxe co soporte plataformas en liña suscita actualmente un enorme interese entre o profesorado universitario. |
Período de matrícula: 26/04/2022 12:00 - 13/05/2022 23:59 Período de docencia: 24/05/2022 - 14/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
A utilización de metodoloxías activas no ensino superior responde á necesidade de implicar e responsabilizar ao estudantado no seu proceso de aprendizaxe. Fundamentalmente útiles determináronse as metodoloxías: a Aprendizaxe Baseada en Proxectos ou Problemas (PBL) e o denominado Design Thinking xa que permiten que o alumnado busque, analice e estruture de forma crítica, construtiva e innovadora as respostas a un problema real. Estas metodoloxías permiten organizar o proceso de ensino-aprendizaxe combinando o necesario traballo individual do alumnado co traballo colaborativo para a consecución das diferentes competencias descritas nas diferentes materias. A súa eficacia radica fundamentalmente no aumento da motivación do alumnado ao ter que aplicar os coñecementos adquiridos a problemas reais da súa futura actividade laboral. Os/as docentes da formación posúen anos de experiencia aplicando estas metodoloxías tamén tratarán sobre como se avalía a través dunha rúbrica. Esta é unha ferramenta de avaliación obxectiva que facilita a aprendizaxe do alumnado e do profesorado. |
Período de matrícula: 10/03/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59 Período de docencia: 23/05/2022 - 30/05/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
A formación está dirixida ao profesorado que ou ben posúe coñecemento básico da ferramenta con anterioridade ou ben participou no curso de iniciación que serve de introdución a este. Ao finalizar o curso os/as participantes na formación coñecerán en profundidade as posibilidades que lles ofrece Excel para a importación e o tratamento de datos: cadros de mando, importación desde fontes de datos externas, conexión a bases de datos remotas etc. Ademais, introducirase o concepto e utilidade do modelo de datos, permitindo, entre outros, a creación de táboas e gráficos dinámicos de múltiples fontes ao mesmo tempo. Así mesmo, analizaranse as posibilidades que ofrece Excel no campo da estatística introducindo as principais ferramentas dispoñibles neste campo. |
Período de matrícula: 28/04/2022 12:00 - 31/05/2022 23:59 Período de docencia: 07/06/2022 - 28/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
A formación está dirixida ao profesorado que está comezando a traballar con Microsoft Excel como ferramenta de cálculo, análise ou tratamento de datos. Independentemente do grao de coñecemento actual o curso permitirá consolidar os conceptos e usos fundamentais do programa. |
Período de matrícula: 08/04/2022 12:00 - 25/04/2022 23:59 Período de docencia: 04/05/2022 - 25/05/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
O enfoque integral ou transversalización da perspectiva de xénero na investigación e a docencia universitaria remite á análise do modo en que se deseña a investigación, así como ao proceso de ensinoaprendizaxe das materias co obxecto de planificar accións dirixidas a omitir posibles nesgos de xénero en cada un dos seus elementos e dimensións. A súa inclusión permite, entre outros: reflexionar de forma crítica sobre as relacións de xénero e estimular o pensamento crítico; repensar as prácticas en investigación e docencia; incrementar a calidade científica e docente; incrementar a relevancia social da produción científica e transmisión de coñecemento; afondar nas necesidades sociais e responder os requirimentos crecentes de institucións financiadoras e revistas científicas. |
Período de matrícula: 16/02/2022 12:00 - 20/05/2022 23:59 Período de docencia: 30/05/2022 - 08/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
Scribus é un programa multiplataforma de maquetación, atópase dispoñible e de balde para ser descargado na seguinte URL https://www.scribus.net/downloads/stable-branch/ liberado baixo a licenza GNU GPL de software libre. Nesta formación atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a maquetación. |
Período de matrícula: 17/02/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59 Período de docencia: 23/05/2022 - 23/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
Scribus é un programa multiplataforma de maquetación, atópase dispoñible e de balde para ser descargado na seguinte URL https://www.scribus.net/downloads/stable-branch/ liberado baixo a licenza GNU GPL de software libre. Nesta formación atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a maquetación. |
Período de matrícula: 27/05/2022 12:00 - 29/07/2022 23:59 Período de docencia: 05/09/2022 - 07/10/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
Un dos problemas máis importantes aos que se enfronta o profesorado universitario consiste en promover o desenvolvemento das súas capacidades intelectuais e emocionais. |
Período de matrícula: 08/04/2022 12:00 - 10/06/2022 23:59 Período de docencia: 20/06/2022 - 28/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
LibreOffice é OpenOffice son proxectos licenciados en software libre, e están dispoñibles de balde para seren descargados en varias plataformas. Neste curso poderás atopar apuntes, vídeos e exercicios para aprender a dominar edición de documentos de texto. |
Período de matrícula: 17/02/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59 Período de docencia: 30/05/2022 - 30/06/2022 |
(Curso de formación do PDI) -
LibreOffice é OpenOffice son proxectos licenciados en software libre, e están dispoñibles de balde para seren descargados en varias plataformas. Neste curso poderás atopar apuntes, vídeos e exercicios para aprender a dominar edición de documentos de texto. |
Período de matrícula: 27/05/2022 12:00 - 29/07/2022 23:59 Período de docencia: 05/09/2022 - 07/10/2022 |