Atopa o teu curso
Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Información sobre o grupo de cursos

Competencias da Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade:
- As relativas á responsabilidade social, servizos sociais e participación.
- A proposta e o desenvolvemento de plans para a integración total das persoas con necesidades educativas específicas na Universidade de Vigo.
- A promoción, estímulo e dirección da xestión de actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación no ámbito universitario.
- A definición e a execución da política de acción social.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Ordenar por: Nome | Modalidade | Tipo | Preinscrición | Matrícula
(Actividades de Voluntariado e Cooperación) -
As xornadas Venres de voluntariado, constitúen unha ocasión para coñecer directamente os distintos programas de voluntariado que oferta a Universidade de Vigo, tanto os programas propios coma aqueles organizados con entidades sociais. O obxectivo das xornadas é fomentar a realización de voluntariado entre a comunidade universitaria da Universidade de Vigo. |
Período de preinscrición: 16/02/2023 09:00 - 03/03/2023 10:30 |