Atopa o teu curso
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Información sobre o grupo de cursos

A Vicerreitoría de Extensión Universitaria ten competencias sobre as actividades de proxección da Universidade na vida cultural e deportiva; servizos sociais, aloxamento e atención e información á comunidade universitaria; organización, realización e seguimento dos cursos de extensión universitaria; asociacións universitarias e voluntariado; normativa e validación de créditos de libre elección e ECTS e, por último , no Programa para maiores.
Ordenar por: Nome | Modalidade | Tipo | Preinscrición | Matrícula
(Actividades de Voluntariado e Cooperación) -
O Curso "Axenda 2030. Axentes do cambio" ten unha duración de 30 horas e vai dirixido ao alumnado da Universidade de Vigo que teña un forte compromiso coa protección do medioambiente e coa erradicación das desigualdades no mundo. A Axenda 2030 é unha resolución da ONU aprobada en 2015 que constitúe a folla de ruta da humanidade para os vindeiros anos. Centrada na protección medioambiental e na erradicación de todo tipo de desigualdades, a Axenda busca que as universidades se impliquen na xeración das condicións para acadar un desenvolvemento máis sostible e inclusivo tendo en conta as limitacións do planeta e o benestar das persoas a través da aplicación dos denominados «Obxectivos de Desenvolvemento Sostible» (ODS). O principal obxectivo deste curso é formar a estudantes para que coñezan a Axenda 2030. Esta actividade pódese complementar con unha acción de voluntariado nos tres campus da UVigo para dar a coñecer a Axenda 2030 e sensibilizar á comunidade universitaria sobre os seus 17 ODS mediante paneis informativos e a organización de actividades. O curso contará con 30h de formación virtual en MOOVI na que o alumnado accederá aos contidos sobre a Axenda e a vídeos explicativos. As/os estudantes terán unha participación activa a través de foros de debate online e contarán en todo o momento co asesoramento e titorización do equipo docente tanto para elaborar as actividades como para resolver dúbidas.
|
(Actividades de Voluntariado e Cooperación) -
Con este curso queremos dar a coñecer os impactos e alternativas do extractivismo en Galicia e noutras zonas do mundo, onde algunhas das sesións serán encontros que se realizarán aproveitando as visitas de mulleres activistas de Honduras. A través da súa testemuña visibilizarase o papel das mulleres na defensa da terra e na promoción de alternativas produtivas baseadas na economía social. |
(Actividades de Voluntariado e Cooperación) -
Xornadas Aprendizaxe Servizo. Aprendendo con compromiso. Nestas xornadas, coas que se pretende promover a metodoloxía Aprendizaxe Servizo así como difundir os resultados dos proxectos así como compartir boas prácticas , contaremos con un relatorio inaugural e teremos a ocasión de coñecer os proxectos que se están a realizar ao abeiro da convocatoria 2021 de proxectos Aprendizaxe-Servizo. |
Período de preinscrición: 19/04/2022 11:30 - 27/04/2022 22:00 |
(Actividades de Voluntariado e Cooperación) -
As xornadas Venres de voluntariado, constitúen unha ocasión para coñecer directamente os distintos programas de voluntariado que oferta a Universidade de Vigo, tanto os programas propios coma aqueles organizados con entidades sociais. O obxectivo das xornadas é fomentar a realización de voluntariado entre a comunidade universitaria da Universidade de Vigo. |
Período de preinscrición: 09/05/2022 12:25 - 19/05/2022 23:59 |
(Actividades de Voluntariado e Cooperación) -
Curso organizado no marco das actividades da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e destinado á Comunidade Universitaria das tres Universidades do SUG. Neste curso proporcionaranse pautas de mellora na formulación de propostas de cooperación así como un panorama as principais convocatorias no eido da cooperación. |
Período de preinscrición: 08/04/2022 00:00 - 25/04/2022 23:59 Período de matrícula: 25/04/2022 10:58 - 26/04/2022 09:30 Período de docencia: 26/04/2022 - 26/04/2022 |