COMUNICACIÓN E PROTOCOLO. XVIII XORNADAS INTERNACIONALES DE COMUNICACIÓN E IMAXEN PUBLICA

Información do curso

COMUNICACIÓN E PROTOCOLO. XVIII XORNADAS INTERNACIONALES DE COMUNICACIÓN E IMAXEN PUBLICA


Tipo Curso Complementario
Código CX101801
Nome COMUNICACIÓN E PROTOCOLO. XVIII XORNADAS INTERNACIONALES DE COMUNICACIÓN E IMAXEN PUBLICA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 25
Descrición

Curso complementario sobre Relaciones Públicas institucionais, protocolo e imaxe pública.

Información de contacto:  
 · Teléfono 629 263911 09:00
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Dende hai dazaoito anos, no mes de abril ou maio, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da nosa Universidade, primeiro como Cursos de Extensión universitaria, e logo, xa definitivamente consolidados, como Cursos Complementarios, vimos celebrando os Cursos de Comunicación e Protocolo , para o que contamos coa tradicional axuda da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, Parlamento de Galicia e Galicia Calidade. Neste tempo, teñen pasado pola cadeira das xornadas máis de trescentos relatores e conferenciantes, de Europa e América, entre eles os máis salientables especialistas, investigadores a profisionais nas materias tratadas.Mais de tres milleiros de alumnos, tanto da Universidade de Vigo como do resto do sistema universitario de Galicia, teñen, neste periodo, acadado o diploma de asistencia e o créditos de libre configuración e ECTS, cun promedio de dous centenares por edición. Estas xornadas cumplen a filosofía pola que se estableceron os Cursos Complementarios. Dunha banda, extenden o coñecemento práctico das materias propias dos seus contidos, incorporando como profesores e conferenciantes a expertos, profesionais e investigadores de gran prestixio e solvencia nas súas especialidades. O mundo do traballo real achégase á universidade. Mais ó tempo, os propios profesionais, funcionarios, expertos e egresados que acuden a estes cursos renovan, actualizan, intercambian e melloran ós seus propios coñecementos. E por iso que unha boa parte dos alumnos deste cursos sexan profesionais, funcionarios das diversas administracións e mesmo empresarios e emprendedores do sector da comunicación, a publicidade, as relacións públicas, a asesoría de imaxe e outros campos conexos. A Pontevedra acuden cada ano alumnos dos mais lonxanos lugares de España, desde as Illas Canarias a Cataluña, e de diversas localidades de Portugal. Entre os alumnos externos, é dicir, interesados e profesionais, atópanse especialistas en comunicación, funcionarios, políticos, representantes das forzas armadas a dos corpos de seguridade do Estado; e dicir, de toda a sociedade e suma, especialmente daqueles que teñen relación coa comunicación corporativa e institucional.

Entidades organizadoras

Dr.Dr. Fernando Ramos Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/03/2018 00:00 - 16/04/2018 23:19
Período de matrícula 01/03/2018 00:00 - 16/04/2018 23:20
Período de docencia 18/04/2018 - 19/04/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 50
Número máximo de participantes 400
Créditos teóricos 2
Créditos prácticos 0.5
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

Alumnos da Universidade de Vigo e do sistema universitario de Galicia, profesionais da Comunicación tanto do sector privado como das institucións públicas, funcionarios con responsabilidade de Comunicación institucional e interesados en xeral que cumplann as condicións de acceso.

Obxectivos

Achegar ós alumnos o mundo real da comumunicación e ofrecer ós profesionais a posibilidade de se someter a unha reciclaxe.

Condicións de acceso

1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Criterios de selección

1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Calendario

19 e 20 de abril de 2017
De 9.00 a 21.30, cada día.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Comunicación institucional, imaxe pública e rituais
Análise e xestión da imaxe pública no espazo político e institucional. Relacións institucionais.
O Protocolo e o Cerimonial como ferramentas de Comunicación e Relacións Publicas
A axenda dos medios e grandes eventos. Experiencias e resultados na práctica cotiá.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Novas tecnoloxías ó servizo da comunicación e imaxe institucional

Modo de pagamento

Sen taxas

Impartido en

Facultade de Ciencias Socias e da Comunicación de Pontevedra

Titulación

Ciencias Sociais e da Comunicación

Profesorado

D. Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.
Dr. Dr. Fernando Ramos, directo do curso.
Dra. Doctores del Mar Sánchez, UNED.
Dr. Juan Raposo, Universidade da Coruña
Dra Anna Amorós Pons, Universidade de Vigo
Dr. David Caldevilla, Universidade Complutense
Dr. José Manuel Estévez-Sáa, Universidade da Coruña.
D. Rafael Vidal, xefe de protocolo da Deputación da Coruña.
D. Ciprián Rivas, xefe do Gabinete do Reitor, Universidade de Vigo
D. Juan Caballero, fotógrafo de grandes eventos.
D. Alfonso Cabaleiro, director de Galicia Calidade
Dra. Marta González Peláez, presidente de OIDECOM
D. Enrique Angel Costas Rodal, jefe de la Oficina de Comunicación de la Fuerza Logística Operativa.
D. James Stinner, ex consul del Reino Unido en V

Sistema de avaliación

Alumnos da Universidade de Vigo: Presentación dunha breve memoria final.
Profisionais e non alumnos, asistencia a tódalas sesións.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos