CREACIÓN DE PORFOLIO PROFESIONAL

Información do curso

CREACIÓN DE PORFOLIO PROFESIONAL


Tipo Curso de Formación
Código CFP0028
Nome CREACIÓN DE PORFOLIO PROFESIONAL
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 16
Descrición

O desenvolvemento do porfolio como ferramenta de búsqueda activa de emprego coverteuse na carta de presentación por excelencia no territorio creativo. Este curso formúlase como unha combinación de teoría e praxis. Aboradarase o manexo básico do software de retoque de imaxe e maquetación (photoshop, ilustrator, indesign e acrobat profesional), e afianzaranse os contidos teóricos referidos a reglas e a fundamentos do deseño gráfico. Estes contidos combinaranse coa organización de materiais para a elaboración e presentación do currículo e as pautas para abordar correctamente unha entrevista laboral.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 80 20 80
 · Fax 986 80 20 82
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 16/05/2011 09:01 - 20/05/2011 15:00

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 0

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos

O obxectivo final deste curso é que o estudante saiba comunicar o seu traballo ou proposta creativa para enfrontarse axeitadamente á búsqueda activa de emprego e á presentación profesional do seu traballo/proxecto, mediante o manexo e explotación das ferramentas conceptuais e prácticas que lle serán requiridas.

Condicións de acceso

Inscrición na plataforma Bubela dende o 16/05/2011 ao 20/05/2011.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación.

Calendario

Días 23, 25, 27 e 30 de maio; 1, 3, 6, e 8 de xuño, en horario de 19:0 a 21:00 horas.

Programa

BLOQUE 1.- Conceptos e utilidades básicas do retoque da imaxe. Contorno photoshop.

BLOQUE 2.- Composición ráfica e sistemas reticulares. Imaxe de marca. Contorno ilustrador.

BOQUE 3.- O currículo. Sácalle o maior partido. Consideracións antes de deseñar o teu currículo. Tipos de CV, cal che convén? Como redactar o teu currículo. Cartas de recomendación e referencias. Cartas de presentación.

BLOQUES 4 E 5.- Elementos e procedementos básicos de maquetación. Taller (software indesign).

BLOQUE 6.- A entrevista laboral. Prepárate para a entrevista. Qué facer e qué evitar durante a entrevista. Resolve posibles preguntas difíciles. E despois da entrevista, ¿qué?

BLOQUE 7.- Arquivos en PDF. Editar con Adobe Acrobat. Roll Play, entrevista de traballo.

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.

Rúa D. Filiberto, 9-11 36002 Pontevedra

Profesorado

Cristina Varela Casal e Rocío Gómez Juncal.

Sistema de avaliación

As clases desenvolveranse a modo de taller, aínda que haberá introducións teóricas onde se apuntarán cda un dos temas nos que se centran os contidos do curso. Ao remate de cada clase establecerase unha serie de materiais de traballo que cada estudante deberá recompilar para traballar na sesión seguinte. Será imprescindible acudir a clase cos materiais, previamente indicados seleccionados, xa que se utilizarán para o desenvolvemento de exercicios que serán valorados ao remate do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos