Curso de alemán 2º C 09/10

Información do curso

AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.

Curso de alemán 2º C 09/10


Tipo Curso de idiomas
Código 907
Nome Curso de alemán 2º C 09/10
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 45
Información de contacto:  
 · Teléfono
 · Fax
Compartir:

Descrición

Nivel A1/2

O obxectivo xeral consiste en  que o alumno alcance, unha vez feito o curso A1.2, unha competencia comunicativa correspondente ó nivel de dominio A1 definido no Marco Europeo de Referencia para las Lenguas. Para lograr tal obxectivo, nas clases traballaránse as catro destrezas (comprensión y expresión oral e escrita), facendo especial énfase na comprensión oral e na expresión e interacción oral (escoltar, falar e conversar).



Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/01/2010 09:00 - 29/01/2010 14:00
Período de docencia 08/02/2010 - 19/05/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 25
Créditos ECTS 2

Condicións de acceso

O requisito para acceder ao curso deste nivel é que os solicitantes teñan un nivel correspondente ó nivel anterior, isto é, o nivel A1/1. Aquelas/es que non cursaran o nivel anterior (A1/1) no Centro de Linguas farán unha proba de acceso para acreditar os seus coñecementos da lingua. A devandita proba constará das seguintes partes:

1. Test (elección múltiple) de gramática e vocabulario.

2. Exercicios de comprensión oral.

3. Exercicio de expresión escrita.

Quedarán exentos da realización da proba aquelas/es solicitantes que posúan algunha das seguintes certificacións obtidas nos últimos 3 anos. As/Os estudantes deberán entregar copia delas aos docentes do curso o primeiro día do curso:

-Curso do Goethe Institut correspondente ó nivel A1/1

-Materias cursadas de alemán (12 créditos)

Profesorado

Por determinar

Programa

-Beruf und Arbeit. O traballo e as profesións. Falar das profesións, dar formación académica e profesional, comprender ofertas de emprego nun periódico.

-In einer fremden Stadt. Nunha cidade estranxeira. Obter información nunha oficina de turismo e na recepción de un hotel, expresar obriga, dar unha orde.

-Gesundheit. A saúde. Falar das miñas doenzas, concertar unha cita no médico, dar consellos e recomendacións.

-In der Stadt unterwegs. Na cidade. Describir o camino para chegar a un sitio, localizar no espacio, identificar medios de transporte, comprender horarios dos transportes.

-Der Kunde ist König. Servizos. Describir os problemas de algún aparato e chamar ó servicio técnico, facer peticións formais, expresións temporais.

-Neue Kleider. A vestimenta. Compra roupa, expresar posesión, expresar gustos e preferencias, pedir axuda nos grandes almacéns.

-Feste. Celebracións. Coñecer festas típicas en Alemania, felicitar a alguén, comprender unha invitación e aceptala ou rechazala, expresar causa, informar da data.

Calendario

Horario:

Martes e xoves de 16:00h a 18:00h

Datas concretas de docencia:

febreiro: días 9, 11, 18, 23 e 25.

marzo: días 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23 e 25.

abril: días 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29

maio: día 4 e 6.



Modo de pagamento

180 euros (xeral)

135 euros (membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo)

Impartido en

Campus de Vigo. Facultade de Filoloxía e Tradución

Observacións

Pasos para matricularse nos cursos do Centro de Linguas:

1. Darse de alta como usuario na Área de Posgrao Virtual. (https://bubela.uvigo.es ). Se xa es usuario, só é necesario seguir os pasos de insrición da páxina.
2. Facer a inscrición online seguindo os pasos que se indican.
3. Pagar as taxas no Banco Santander, indicando o código do curso no que se matricula. O número de conta é 0049-6141-98-2510007984.
4. Facer chegar ao Centro de Linguas a documentación requirida (véxase máis abaixo) de tres maneiras: vía fax ao número 986 818649, escaneado ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.es ou ben en persoa na oficina do Centro de Linguas na Facultade de Filoloxía e Tradución (no Pavillón Central).
5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de preinscrición e matrícula recomendamos poñerse en contacto co Centro de Linguas.

 

*Documentación requirida:

- Folla de preinscrición cuberta (pódese solicitar por correo ou en persoa).
- Fotocopia do DNI.
- Xustificante de ingreso bancario.
- No seu caso, xustificante de ser membro da comunidade universitaria (Impreso A0 ou copia de contrato).

As prazas asignaranse por estrita orde de matrícula (momento en que se faga chegar a documentación ao Centro de Linguas).

 Devolución de taxas:

Para a devolución de taxas séguense os seguintes criterios:

1-     Cancelación do curso no que o/a estudante se matriculou

2-     Limitación de prazas

3-    Incompatibilidade por causa sobrevida que se xustificará e se presentará por rexistro xeral na primeira semana logo do comezo do curso comunicándoo nesta mesma data ao Centro de Linguas.

 

 

 

Titulación

O alumnado recibirá un diploma de asistencia no que figure o número total de horas e créditos do curso, xunto ao nivel correspondente do Marco común europeo de referencia para as linguas.Para acadar este certificado hai que asistir polo menos ao 85% das clases.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos