Curso de alemán 2º C 09/10
Información do curso
AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.
Curso de alemán 2º C 09/10
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | 907 | ||||
Nome | Curso de alemán 2º C 09/10 |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 45 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | |||||
· Fax | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Nivel A1/2
O obxectivo xeral consiste en que o alumno alcance, unha vez feito o curso A1.2, unha competencia comunicativa correspondente ó nivel de dominio A1 definido no Marco Europeo de Referencia para las Lenguas. Para lograr tal obxectivo, nas clases traballaránse as catro destrezas (comprensión y expresión oral e escrita), facendo especial énfase na comprensión oral e na expresión e interacción oral (escoltar, falar e conversar).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 11/01/2010 09:00 - 29/01/2010 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 08/02/2010 - 19/05/2010 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Créditos ECTS | 2 |
Condicións de acceso
O requisito para acceder ao curso deste nivel é que os solicitantes teñan un nivel correspondente ó nivel anterior, isto é, o nivel A1/1. Aquelas/es que non cursaran o nivel anterior (A1/1) no Centro de Linguas farán unha proba de acceso para acreditar os seus coñecementos da lingua. A devandita proba constará das seguintes partes:
1. Test (elección múltiple) de gramática e vocabulario.
2. Exercicios de comprensión oral.
3. Exercicio de expresión escrita.
Quedarán exentos da realización da proba aquelas/es solicitantes que posúan algunha das seguintes certificacións obtidas nos últimos 3 anos. As/Os estudantes deberán entregar copia delas aos docentes do curso o primeiro día do curso:
-Curso do Goethe Institut correspondente ó nivel A1/1
-Materias cursadas de alemán (12 créditos)
Profesorado
Por determinarPrograma
-Beruf und Arbeit. O traballo e as profesións. Falar das profesións, dar formación académica e profesional, comprender ofertas de emprego nun periódico.
-In einer fremden Stadt. Nunha cidade estranxeira. Obter información nunha oficina de turismo e na recepción de un hotel, expresar obriga, dar unha orde.
-Gesundheit. A saúde. Falar das miñas doenzas, concertar unha cita no médico, dar consellos e recomendacións.
-In der Stadt unterwegs. Na cidade. Describir o camino para chegar a un sitio, localizar no espacio, identificar medios de transporte, comprender horarios dos transportes.
-Der Kunde ist König. Servizos. Describir os problemas de algún aparato e chamar ó servicio técnico, facer peticións formais, expresións temporais.
-Neue Kleider. A vestimenta. Compra roupa, expresar posesión, expresar gustos e preferencias, pedir axuda nos grandes almacéns.
-Feste. Celebracións. Coñecer festas típicas en Alemania, felicitar a alguén, comprender unha invitación e aceptala ou rechazala, expresar causa, informar da data.
Calendario
Horario:
Martes e xoves de 16:00h a 18:00h
Datas concretas de docencia: febreiro: días 9, 11, 18, 23 e 25. marzo: días 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23 e 25. abril: días 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 maio: día 4 e 6.
Modo de pagamento
180 euros (xeral)
135 euros (membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo)
Impartido en
Campus de Vigo. Facultade de Filoloxía e TraduciónObservacións
Pasos para matricularse nos cursos do Centro de Linguas:
1. Darse de alta como usuario na Área de Posgrao Virtual. (https://bubela.uvigo.es ). Se xa es usuario, só é necesario seguir os pasos de insrición da páxina.
2. Facer a inscrición online seguindo os pasos que se indican.
3. Pagar as taxas no Banco Santander, indicando o código do curso no que se matricula. O número de conta é 0049-6141-98-2510007984.
4. Facer chegar ao Centro de Linguas a documentación requirida (véxase máis abaixo) de tres maneiras: vía fax ao número 986 818649, escaneado ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.es ou ben en persoa na oficina do Centro de Linguas na Facultade de Filoloxía e Tradución (no Pavillón Central).
5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de preinscrición e matrícula recomendamos poñerse en contacto co Centro de Linguas.
*Documentación requirida:
- Folla de preinscrición cuberta (pódese solicitar por correo ou en persoa).
- Fotocopia do DNI.
- Xustificante de ingreso bancario.
- No seu caso, xustificante de ser membro da comunidade universitaria (Impreso A0 ou copia de contrato).
As prazas asignaranse por estrita orde de matrícula (momento en que se faga chegar a documentación ao Centro de Linguas).
Devolución de taxas:
Para a devolución de taxas séguense os seguintes criterios:
1- Cancelación do curso no que o/a estudante se matriculou
2- Limitación de prazas
3- Incompatibilidade por causa sobrevida que se xustificará e se presentará por rexistro xeral na primeira semana logo do comezo do curso comunicándoo nesta mesma data ao Centro de Linguas.
Titulación
O alumnado recibirá un diploma de asistencia no que figure o número total de horas e créditos do curso, xunto ao nivel correspondente do Marco común europeo de referencia para as linguas.Para acadar este certificado hai que asistir polo menos ao 85% das clases.