Atopa o teu curso

Información do curso

Alarma e evacuación (Ourense)


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLSOU1900602
Nome Alarma e evacuación (Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 4
Descrición

Curso especialmente pensado para o persoal que forma parte dos equipos de alarma e evacuación nos plans de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 814088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Seganosa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 31/05/2019 09:00 - 17/06/2019 13:00
Período de docencia 20/06/2019 - 20/06/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Persoal docente e investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo. En particular, ten especial interese para os equipos de emerxencia:

  • Equipos de alarma e evacuación.
  • Directores da emerxencia.
  • Xefes de intervención.
  • Traballadores en xeral implicados no plan de emerxencia.

 

 

Obxectivos

  • Coñecer as pautas de evacuación para poder desaloxar un centro de forma segura.
  • Realizar unha evacuación dun centro de forma organizada, ordenada e sen causar danos maiores.
  • Concienciarse dos riscos que expón tanto un pequeno incendio como unha evacuación nun centro universitario.

Criterios de selección

1º- Por estarse implantando o Plan de Autoprotección, terán preferencia o persoal do Edificio Politécnico, o persoal do Edificio Manuel Martínez Risco e o persoal do CITI, por orden de inscrición .

2º- O resto do persoal do Campus de Ourense, por orden de inscrición.

Calendario

Data: 20 de xuño de 2019

Horario: 09:30 h. a 13:30 h.

Programa

     CONTIDO TEÓRICO - PRÁCTICO

    1. Instalacións e medios de protección contra incendios: detección, alarma e extinción.
    2. Autocontrol emocional en urxencias e catástrofes. Xestión de conflitos.
    3. Percorridos e/ou rutas de evacuación.
    4. Comportamento en situacións de emerxencia.
    5. Pautas de actuación:
    Normas fundamentais de evacuación.
    Elementos de protección activa e pasiva.
    Sectorización. Auto socorro e evacuación de compañeiros.
    Zona segura: reunión e recontos.
    6. Plan de Urxencia (organización e operatividade). Aspectos concretos na organización:
    Funcións dos equipos de evacuación e alarma.
    Funcións dos equipos de intervención.
    7. Organización e realización dun exercicio de evacuación nun ou varios escenarios.
    Evacuación total do aula onde se imparte a formación con visión anulada.
    Reingreso ao aula con visión anulada co obxectivo de rescatar a unha vítima e levala ao momento de encontro.
    Evacuación parcial dun sector da universidade se é posible.

 

Impartido en

O curso impartirase na aula 2.3 do Edificio de Ferro.

Profesorado

Persoal especializado de Seganosa.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos