Alarma e evacuación (Ourense)
Información do curso
Alarma e evacuación (Ourense)
Tipo | Cursos de formación do persoal | ||||
Código | SPRLSOU1900602 | ||||
Nome | Alarma e evacuación (Ourense) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 4 | ||||
Descrición | Curso especialmente pensado para o persoal que forma parte dos equipos de alarma e evacuación nos plans de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 814088 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Seganosa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 31/05/2019 09:00 - 17/06/2019 13:00 |
---|---|
Período de docencia | 20/06/2019 - 20/06/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Persoal docente e investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo. En particular, ten especial interese para os equipos de emerxencia:
- Equipos de alarma e evacuación.
- Directores da emerxencia.
- Xefes de intervención.
- Traballadores en xeral implicados no plan de emerxencia.
Obxectivos
- Coñecer as pautas de evacuación para poder desaloxar un centro de forma segura.
- Realizar unha evacuación dun centro de forma organizada, ordenada e sen causar danos maiores.
- Concienciarse dos riscos que expón tanto un pequeno incendio como unha evacuación nun centro universitario.
Criterios de selección
1º- Por estarse implantando o Plan de Autoprotección, terán preferencia o persoal do Edificio Politécnico, o persoal do Edificio Manuel Martínez Risco e o persoal do CITI, por orden de inscrición .
2º- O resto do persoal do Campus de Ourense, por orden de inscrición.
Calendario
Data: 20 de xuño de 2019
Horario: 09:30 h. a 13:30 h.
Programa
CONTIDO TEÓRICO - PRÁCTICO
1. Instalacións e medios de protección contra incendios: detección, alarma e extinción.
2. Autocontrol emocional en urxencias e catástrofes. Xestión de conflitos.
3. Percorridos e/ou rutas de evacuación.
4. Comportamento en situacións de emerxencia.
5. Pautas de actuación:
Normas fundamentais de evacuación.
Elementos de protección activa e pasiva.
Sectorización. Auto socorro e evacuación de compañeiros.
Zona segura: reunión e recontos.
6. Plan de Urxencia (organización e operatividade). Aspectos concretos na organización:
Funcións dos equipos de evacuación e alarma.
Funcións dos equipos de intervención.
7. Organización e realización dun exercicio de evacuación nun ou varios escenarios.
Evacuación total do aula onde se imparte a formación con visión anulada.
Reingreso ao aula con visión anulada co obxectivo de rescatar a unha vítima e levala ao momento de encontro.
Evacuación parcial dun sector da universidade se é posible.
Impartido en
O curso impartirase na aula 2.3 do Edificio de Ferro.
Profesorado
Persoal especializado de Seganosa.