Axenda 2030. Axentes do cambio. Edición 2019
Información do curso
Axenda 2030. Axentes do cambio. Edición 2019
Tipo | Actividades de Voluntariado e Cooperación | ||||
Código | AVC01-201901 | ||||
Nome | Axenda 2030. Axentes do cambio. Edición 2019 |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986130261 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O Curso "Axenda 2030. Axentes do cambio" ten unha duración de 30 horas e vai dirixido ao alumnado da Universidade de Vigo que teña un forte compromiso coa protección do medioambiente e coa erradicación das desigualdades no mundo.
A Axenda 2030 é unha resolución da ONU aprobada en 2015 que constitúe a folla de ruta da humanidade para os vindeiros anos. Centrada na protección medioambiental e na erradicación de todo tipo de desigualdades, a Axenda busca que as universidades se impliquen na xeración das condicións para acadar un desenvolvemento máis sostible e inclusivo tendo en conta as limitacións do planeta e o benestar das persoas a través da aplicación dos denominados «Obxectivos de Desenvolvemento Sostible» (ODS).
O principal obxectivo deste curso é formar a estudantes para que desenvolvan unha acción de voluntariado nos tres campus da UVigo na que dean a coñecer o contido da Axenda 2030 e os seus 17 ODS mediante paneis informativos e a organización de actividades.
O curso contará con 25h de formación virtual en FAITIC na que o alumnado accederá aos contidos sobre a Axenda e a vídeos explicativos. As/os estudantes terán unha participación activa a través de foros de debate online e contarán en todo o momento co asesoramento e titorización do equipo docente tanto para elaborar as actividades como para resolver dúbidas
Para completar a formación virtual, o alumnado asistirá a unha sesión de 5 horas presenciais no campus onde estuda un Grao ou Máster na que realizarán obradoiros dirixidos a preparar a acción de voluntariado.
Entidades organizadoras
Vicerreitoría de Responsabilidade social, Internacionalización e Cooperación
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 11/09/2019 00:00 - 08/10/2019 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 15/10/2019 - 16/12/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 1 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao estudantado dos tres Campus da Universidade de Vigo.
Obxectivos
Ao rematar esta formación, o alumnado será quen de
- Promover, alentar e fomentar a participación da comunidade universitaria na aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na área local.
- Xerar cambios reais nos tres campus que favorezan o aliñamento das políticas da Universidade de Vigo coa Axenda 2030.
- Consolidar unha comunidade de "Axentes do cambio" organizada en grupos de traballo cooperativo.
Calendario
- 15 de outubro - 15 de novembro: formación en Faitic
- 16 de novembro - 16 de decembro: obradoiro presencial (informarase ao alumnado do día exacto da impartición das 5 horas de formación presencial por Campus)
Programa
- Módulo 1. Comprendendo a Axenda 2030
- Módulo 2. As persoas
- Submódulo 1: os primeiros pasos
- Submódulo 2: camiñando cara á igualdade
- Módulo 3. O planeta
- Submódulo 1: protexendo a biosfera
- Submódulo 2: promovendo a economía circular
- Módulo 4. Unindo ás persoas e ó planeta
Impartido en
A formación virtual impartirase a través de FAITIC e a formación presencial desenvolverase nos Campus de Pontevedra, Ourense e Vigo.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a cualificación de apto/a na parte non presencial (FAITIC) e asistan á sesión presencial.
Profesorado
Raquel Gómez Villar, Cofundadora en SomosTerra
Eva López Quiroga, Cofundadora en SomosTerra