Curso de iniciación á lingua oral

Información do curso

Curso de iniciación á lingua oral


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00041
Nome Curso de iniciación á lingua oral
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 10
Descrición

Este curso busca aumentar a competencia lingüística e comunicativa oral en galego. Isto implica o dominio da variedade estándar en ámbitos formais e académicos e a produción de discursos e de intervencións orais.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 04/02/2019 09:00 - 22/02/2019 14:00
Período de docencia 06/03/2019 - 07/05/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20
Créditos ECTS 0.3

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

1. Aumentar a competencia lingüística e a competencia comunicativa en galego.

2. Coñecer os sons con valor de fonema, os fenómenos de contacto vocálico e os fenómenos de contacto consonántico.

3. Practicar a comprensión oral da lingua galega, especificamente no ámbito académico e universitario.

4. Practicar a expresión da lingua galega, especificamente no ámbito académico e universitario.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

Campus de Vigo (Facultade de Filoloxía e Tradución) cancelado

Horario: de 16.00 a 18.00 h

Clases presenciais:

Mércores 6 de marzo

Xoves 7 de marzo

Mércores 13 de marzo

Xoves 14 de marzo

Mércores 20 de marzo

 

Campus de Ourense (Facultade de Dereito) cancelado

Horario: de 16.00 a 18.00 h

Clases presenciais:

Xoves 21 de marzo

Martes 26 de marzo

Xoves 28 de marzo

Martes 2 de abril

Xoves 4 de abril

 

Campus de Pontevedra (Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación) cancelado

Horario: de 16.00 a 18.00 h

Clases presenciais:

Martes 23 de abril

Xoves 25 de abril

Martes 30 de abril

Xoves 2 de maio

Martes 7 de maio

 

Programa

  1. Coñezo xente nova (2 horas)
    • Describirse ou describir algo ou a alguén
    • Os fonemas galegos. O artigo
    • O presente dos verbos regulares
    • Conversamos na cafetaría
  2. Vou coller un libro (2 horas)
    • Facer preguntas para obter información
    • Os encontros vocálicos. O posesivo
    • O pretérito dos verbos regulares
    • Pedimos información na biblioteca
  3. Chegou a hora da comida (2 horas)
    • Expresar desexo ou gusto por algo ou alguén
    • O pronome persoal e a súa colocación. Os numerais
    • O pospretérito dos verbos regulares
    • Pido a comida na cafetaría
  4. Non estou de acordo (2 horas)
    • Argumentación a favor ou en contra
    • Os conectores. A comparación
    • O futuro dos verbos regulares
    • Poñémonos de acordo para...
  5. A miña liña de traballo ou investigación é... (2 horas)
    • Expoñer unha idea
    • Algunhas contraccións. Os adverbios
    • Algúns verbos irregulares
    • Expoño cal é a miña liña de traballo favorita (proba final)

 

 

Modo de pagamento

De balde.

Impartido en

Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución (cancelado)

Ourense: Facultade de Dereito (cancelado)

Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (cancelado)

Observacións

O curso estará recoñecido con 0,3 créditos ECTS.

Establécese un número mínimo de 10 persoas preinscritas nos cursos; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 20.

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

Para obter o diploma correspondente, requírese a asistencia ao 85 % das clases, ademais de superar a proba de avaliación establecida polo profesorado.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos