Curso de iniciación á lingua oral
Información do curso
Curso de iniciación á lingua oral
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00041 | ||||
Nome | Curso de iniciación á lingua oral |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 10 | ||||
Descrición | Este curso busca aumentar a competencia lingüística e comunicativa oral en galego. Isto implica o dominio da variedade estándar en ámbitos formais e académicos e a produción de discursos e de intervencións orais. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/02/2019 09:00 - 22/02/2019 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 06/03/2019 - 07/05/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos ECTS | 0.3 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria.
Obxectivos
1. Aumentar a competencia lingüística e a competencia comunicativa en galego.
2. Coñecer os sons con valor de fonema, os fenómenos de contacto vocálico e os fenómenos de contacto consonántico.
3. Practicar a comprensión oral da lingua galega, especificamente no ámbito académico e universitario.
4. Practicar a expresión da lingua galega, especificamente no ámbito académico e universitario.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de preinscrición.
Calendario
Campus de Vigo (Facultade de Filoloxía e Tradución) cancelado
Horario: de 16.00 a 18.00 h
Clases presenciais:
Mércores 6 de marzo
Xoves 7 de marzo
Mércores 13 de marzo
Xoves 14 de marzo
Mércores 20 de marzo
Campus de Ourense (Facultade de Dereito) cancelado
Horario: de 16.00 a 18.00 h
Clases presenciais:
Xoves 21 de marzo
Martes 26 de marzo
Xoves 28 de marzo
Martes 2 de abril
Xoves 4 de abril
Campus de Pontevedra (Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación) cancelado
Horario: de 16.00 a 18.00 h
Clases presenciais:
Martes 23 de abril
Xoves 25 de abril
Martes 30 de abril
Xoves 2 de maio
Martes 7 de maio
Programa
- Coñezo xente nova (2 horas)
- Describirse ou describir algo ou a alguén
- Os fonemas galegos. O artigo
- O presente dos verbos regulares
- Conversamos na cafetaría
- Vou coller un libro (2 horas)
- Facer preguntas para obter información
- Os encontros vocálicos. O posesivo
- O pretérito dos verbos regulares
- Pedimos información na biblioteca
- Chegou a hora da comida (2 horas)
- Expresar desexo ou gusto por algo ou alguén
- O pronome persoal e a súa colocación. Os numerais
- O pospretérito dos verbos regulares
- Pido a comida na cafetaría
- Non estou de acordo (2 horas)
- Argumentación a favor ou en contra
- Os conectores. A comparación
- O futuro dos verbos regulares
- Poñémonos de acordo para...
- A miña liña de traballo ou investigación é... (2 horas)
- Expoñer unha idea
- Algunhas contraccións. Os adverbios
- Algúns verbos irregulares
- Expoño cal é a miña liña de traballo favorita (proba final)
Modo de pagamento
De balde.
Impartido en
Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución (cancelado)
Ourense: Facultade de Dereito (cancelado)
Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (cancelado)
Observacións
O curso estará recoñecido con 0,3 créditos ECTS.
Establécese un número mínimo de 10 persoas preinscritas nos cursos; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 20.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
Para obter o diploma correspondente, requírese a asistencia ao 85 % das clases, ademais de superar a proba de avaliación establecida polo profesorado.