Atopa o teu curso

Información do curso

Introdución ao Creative Coding con Processing


Tipo Curso de Formación
Código CFP0074
Nome Introdución ao Creative Coding con Processing
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Descrición

Introducir ao alumnado nos conceptos básicos do Creative Coding, esto é a programación informática como ferramenta artística e medio de expresión. Para eso utilizarase Processing, unha linguaxe fácil de aprender, potente, versátil, moi estendida e especialmente orientada á experimentación artística.

Traballar os elementos básicos de programación, variables, estruturas de control, bucles, modularización do código desde o principio. Esto implica que , por unha banda non sexa necesario que o alumnado dispoña de coñecementos de programación previos ao curso, e por outra que os coñecementos adquiridos son perfectamente aplicables a calquera outra linguaxe de programación.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986802080
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 12/03/2018 14:00 - 02/05/2018 14:00
Período de matrícula 12/03/2018 14:00 - 02/05/2018 14:01
Período de docencia 04/05/2018 - 25/05/2018

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e público en xeral

Obxectivos

Dotar ao alumnado dos conceptos básicos da programación informática

Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades do uso do código de programación como ferramenta creativa

Capacitar ao alumnado para que con tales nocións básicas poida profundizar na investigación e no desenvolvemento das súas capacidades.

Condicións de acceso

preinscripción e matrícula nos prazos establecidos 

Criterios de selección

Rigorosa orde de preinscripción e matrícula en bubela ata completar a totalidade das prazas

Calendario

4,11,18 e 25 de maio de 2018 de 16:30 a 19:30 horas

Programa

Introdución a Processing

Lenzo e comandos de debuxo

Variables, tipos de variables e operadores

Estruturas de control de fluxo

Funcións

Animación e interactividade

Processing na Web

 

Modo de pagamento

matrícula gratuita

Impartido en

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Casa das Campás

Profesorado

Alberto García Ariza

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos