INTRODUCIÓN AO COMMUNITY MANAGEMENT

Información do curso

INTRODUCIÓN AO COMMUNITY MANAGEMENT


Tipo Curso de Formación
Código CFP0068
Nome INTRODUCIÓN AO COMMUNITY MANAGEMENT
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

O obxectivo do curso é afondar no coñecemento das principais redes sociais que existen actualmente e na súa xestión estratéxica dentro do Plan de Coñecemento e Marketing dunha empresa. O novo contorno 2.0 supuxo un novo panorama para as empresas coa aparición dos medios sociais, que permiten aos usuarios situarse no centro de atención, ofrecendo unha comunicación bidireccional coas compañías. Trátase dunha relación que debe ser monitorizada, analizada e xestionada por profesionais que coñezan o funcionamento, a linguaxe e as posibilidades que ofrecen os social media.

Analizaremos o contorno 2.0 e formularemos as posiblidades en canto á estratexia de marketing online que ofrecen as redes sociais, describindo un Plan de Social Media que permita ás empresas aproveitar todos os recursos e beneficios que supoñen.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986802080
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. 

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. 

Obxectivos

  1. Dotar o alumnado dos conceptos básicos da contorna 2.0 e as redes sociais
    2. Ofrecerlle ao alumnado as ferramentas necesarias para monitorizar, xestionar e medir a actividade na redes sociais a nivel profesional
    3. Darlle as claves ao alumnado para desenvolver un plan de medios sociais que se englobe no plan de mercadotecnia estratéxico da empresa

Condicións de acceso

Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo así, non poderán volverse a matricular nos curso da Aula Tecnolóxica ata que transcorran dous anos dende a data de comezo do último curso no que se matriculou. Prazo de preinscrición: dende as 08:00 horas do 09/10/2017 ás 21:00 horas do 14/10/2017.

Criterios de selección

Rigorosa orde de preinscrición na plataforma Bubela. 

 

Calendario

18,19,25,26 de outubro; 8 e 9 de novembro de 2017, en horario de 19:00 a 21:00 horas. 

Programa

Contidos

Redes sociais
Definición
Tipoloxía
Programación de contidos
Mercadotecnia dixital
Publicidade en redes sociais
Plan de medios sociais
O día a día dun/dunha profesional responsable de comunidades sociais (Community Manager)
Ferramentas e KPI

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta. 

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. 

Rúa D. Filiberto 9-11

36002 Pontevedra. 

Profesorado

Marta Crespo Cruces. 

Sistema de avaliación

Exposición de contidos teóricos aplicados a casos reais e exercicios prácticos. 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos