INTRODUCIÓN AO COMMUNITY MANAGEMENT
Información do curso
INTRODUCIÓN AO COMMUNITY MANAGEMENT
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0068 | ||||
Nome | INTRODUCIÓN AO COMMUNITY MANAGEMENT |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | O obxectivo do curso é afondar no coñecemento das principais redes sociais que existen actualmente e na súa xestión estratéxica dentro do Plan de Coñecemento e Marketing dunha empresa. O novo contorno 2.0 supuxo un novo panorama para as empresas coa aparición dos medios sociais, que permiten aos usuarios situarse no centro de atención, ofrecendo unha comunicación bidireccional coas compañías. Trátase dunha relación que debe ser monitorizada, analizada e xestionada por profesionais que coñezan o funcionamento, a linguaxe e as posibilidades que ofrecen os social media. Analizaremos o contorno 2.0 e formularemos as posiblidades en canto á estratexia de marketing online que ofrecen as redes sociais, describindo un Plan de Social Media que permita ás empresas aproveitar todos os recursos e beneficios que supoñen.
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986802080 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
- Dotar o alumnado dos conceptos básicos da contorna 2.0 e as redes sociais
2. Ofrecerlle ao alumnado as ferramentas necesarias para monitorizar, xestionar e medir a actividade na redes sociais a nivel profesional
3. Darlle as claves ao alumnado para desenvolver un plan de medios sociais que se englobe no plan de mercadotecnia estratéxico da empresa
Condicións de acceso
Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo así, non poderán volverse a matricular nos curso da Aula Tecnolóxica ata que transcorran dous anos dende a data de comezo do último curso no que se matriculou. Prazo de preinscrición: dende as 08:00 horas do 09/10/2017 ás 21:00 horas do 14/10/2017.
Criterios de selección
Rigorosa orde de preinscrición na plataforma Bubela.
Calendario
18,19,25,26 de outubro; 8 e 9 de novembro de 2017, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Programa
Contidos
Redes sociais
Definición
Tipoloxía
Programación de contidos
Mercadotecnia dixital
Publicidade en redes sociais
Plan de medios sociais
O día a día dun/dunha profesional responsable de comunidades sociais (Community Manager)
Ferramentas e KPI
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás.
Rúa D. Filiberto 9-11
36002 Pontevedra.
Profesorado
Marta Crespo Cruces.
Sistema de avaliación
Exposición de contidos teóricos aplicados a casos reais e exercicios prácticos.