Atopa o teu curso

Información do curso

INTRODUCIÓN AO DESEÑO WEB RESPONSIVO CON BOOTSTRAP


Tipo Outros cursos
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Código CFP0063
Nome INTRODUCIÓN AO DESEÑO WEB RESPONSIVO CON BOOTSTRAP
Modalidade presencial
Horas 12
Descrición

O acceso a internet xa non se produce exclusivamente a través dos ordenadores, senón que as persoas usuarias visitan webs dende diferentes dispositivos con gran variedade de tamaños de pantalla. Neste escenario, se queremos que a nosa web siga tendo presenza e sexa usable, debe estar preparada para unha correcta visualización en todas as resolucións. Os sitios webs adaptados a esta conxuntura coñécense como responsivos. 

Este taller incide neste punto, explicando os distintos conceptos inherentes á responsividade, así como introducíndonos no uso de frameworks de desenvolvemento que nos faciliten a maquetación responsiva sen necesidade de programación avanzada. 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986802080
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. Recoméndase que o alumnado teña coñecementos básicos de HTML e CSS

Obxectivos

Dotar ao alumnado dos conceptos básicos acerca do escenario web actual, a adaptabilidade e responsividade dos sitios web. Ofrecer ao alumnado os coñecementos básicos de estilos CSS que permiten diferentes formalizacións en función do tamaño da pantalla. 

Dotar ao alumnado dunha visión xeral de distintas alternativas existentes na actualidade. 

Introducir ao alumnado no uso dos ditos frameworks. 

Condicións de acceso

Preinscrición no prazo habilitado dende o 20 ao 28 de febreiro de 2017, a través da plataforma Bubela. 

Criterios de selección

Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo, non poderán volverse a matricular nos cursos da Aula Tecnolóxica ata que trasncorran dous anos a partir da data de comezo do último curso matriculado. 

Calendario

3, 10, 17 e 24 de marzo de 16:00 a 19:00 h. Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra. 

Programa

Refresco de conceptos básicos de HTML e CSS

Adaptabilidade vs. Responsividade

Media Queries CSS

Frameworks responsivos: Introdución ao uso de Bootstrap

Modo de pagamento

Matrícula gratuita. 

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás os días 3, 10,  17 e 24 de marzo de 2017 en horario de 16:00 a 19:00 h. 

Observacións

Requírense coñecementos previos de HTML e CSS

Profesorado

Alberto García Ariza. Licenciado en Belas Artes. Doutor en Deseño. Ilustrador e deseñador profesional. 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos