INTRODUCIÓN AO DESEÑO WEB RESPONSIVO CON BOOTSTRAP
Información do curso
INTRODUCIÓN AO DESEÑO WEB RESPONSIVO CON BOOTSTRAP
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0063 | ||||
Nome | INTRODUCIÓN AO DESEÑO WEB RESPONSIVO CON BOOTSTRAP |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | O acceso a internet xa non se produce exclusivamente a través dos ordenadores, senón que as persoas usuarias visitan webs dende diferentes dispositivos con gran variedade de tamaños de pantalla. Neste escenario, se queremos que a nosa web siga tendo presenza e sexa usable, debe estar preparada para unha correcta visualización en todas as resolucións. Os sitios webs adaptados a esta conxuntura coñécense como responsivos. Este taller incide neste punto, explicando os distintos conceptos inherentes á responsividade, así como introducíndonos no uso de frameworks de desenvolvemento que nos faciliten a maquetación responsiva sen necesidade de programación avanzada. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986802080 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. Recoméndase que o alumnado teña coñecementos básicos de HTML e CSS
Obxectivos
Dotar ao alumnado dos conceptos básicos acerca do escenario web actual, a adaptabilidade e responsividade dos sitios web. Ofrecer ao alumnado os coñecementos básicos de estilos CSS que permiten diferentes formalizacións en función do tamaño da pantalla.
Dotar ao alumnado dunha visión xeral de distintas alternativas existentes na actualidade.
Introducir ao alumnado no uso dos ditos frameworks.
Condicións de acceso
Preinscrición no prazo habilitado dende o 20 ao 28 de febreiro de 2017, a través da plataforma Bubela.
Criterios de selección
Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo, non poderán volverse a matricular nos cursos da Aula Tecnolóxica ata que trasncorran dous anos a partir da data de comezo do último curso matriculado.
Calendario
3, 10, 17 e 24 de marzo de 16:00 a 19:00 h. Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra.
Programa
Refresco de conceptos básicos de HTML e CSS
Adaptabilidade vs. Responsividade
Media Queries CSS
Frameworks responsivos: Introdución ao uso de Bootstrap
Modo de pagamento
Matrícula gratuita.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás os días 3, 10, 17 e 24 de marzo de 2017 en horario de 16:00 a 19:00 h.
Observacións
Requírense coñecementos previos de HTML e CSS
Profesorado
Alberto García Ariza. Licenciado en Belas Artes. Doutor en Deseño. Ilustrador e deseñador profesional.