Curso de práctica do discurso oral en inglés na aula - CAMPUS DE OURENSE

Información do curso

Curso de práctica do discurso oral en inglés na aula - CAMPUS DE OURENSE


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPRAD15OU
Nome Curso de práctica do discurso oral en inglés na aula - CAMPUS DE OURENSE
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

A actividade formativa busca que as persoas que participen se formen en aspectos fundamentalmente prácticos da lingua inglesa para desenvolver mellor as actividades habituais da aula.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de práctica do discurso oral en inglés na aula insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2015. A devandita acción formativa está organizada pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 22/04/2015 12:00 - 16/07/2015 23:59
Período de docencia 01/09/2015 - 11/09/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

A acción formativa está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. Para acceder ao curso é necesario ter a acreditación do nivel B2 ou C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Terán preferencia aquelas persoas que xa estean a impartir docencia en inglés ou que consten en POD como as encargadas de impartir algunha materia para o ano académico 2015/16. A documentación enviarase a innovacion.educativa@uvigo.es .

As persoas que non teñan aprobado o HELA ou non teñan acreditación de nivel ou a teñen caducada poderán presentarse a unha proba de nivel. Esta levarase a cabo o 20 de xullo ás 15.00 horas na Facultade de Ciencias da Educación.

Obxectivos

    • Mellorar a competencia comunicativa en inglés no ámbito académico.
    • Fornecer de recursos prácticos relacionados coa actividade docente: a xestión da aula, a instrución ao alumnado e as presentacións orais.

Criterios de selección

Ofertaranse vinte prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Data da proba de nivel: 20 de xullo ás 15.00 horas na Facultade de Ciencias da Educación.
Calendario:
Os días 1, 2, 3, e 4  de setembro de 10 a 12.30.
Os días 7, 8, 9, 10 e 11 de setembro de 10 a 12 horas.

Programa

 

A. Presentamos o curso

 

  1. Expresións empregadas para estruturar a información.
  2. Técnicas lingüísticas destinadas a manter a atención do alumnado: entoación, palabras acentuadas...

 

B. Recompilamos os materiais

Manexo dos termos máis comúns nas fontes de coñecemento máis habitual empregadas para extraer materias.

 

C. Impartimos docencia (aulas grandes)

 

  1. Expresións máis habituais empregadas nas aulas.
  2. Os recursos visuais: diagramas, fórmulas matemáticas, gráficos, imaxes, mapas conceptuais, operacións etc.

 

D. Impartimos docencia (seminarios)

Quendas de palabra, esixindo participación...

 

E. Damos instrucións ao alumnado

 

  1. Expresións empregadas para explicar ao alumnado o que esperamos sobre o seu seguimento da materia.
  2. Aconsellamos: should, shouln’t.

 

F. Requirimos e revisamos encomendas

 

  1. Expresións empregadas para pedir e revisar as encomendas que o alumnado debe entregar cunha determinada periodicidade.
  2. Tempos verbais: o futuro e o pasado .

 

G. Falamos co estudantado

Expresións empregadas nas reunións entre as persoas que coordinan os graos/titorías/profesorado en xeral e o alumnado.

 

H. Avaliamos ao alumnado

Expresións empregadas nos exames orais, nos exames escritos e nas encomendas.

 

I. Proporcionamos retroalimentación ao estudantado

Expresións empregadas para explicarlle os erros cometidos e/ou o que esperaba que fixesen.

 

L. Titorización do alumnado: reunións de traballo

Expresións máis habituais empregadas nas reunións con alumnos/as: dar a benvida á reunión, establecer a finalidade da reunión, ceder a palabra, dar e pedir opinións, interrupcións, quendas de palabra e finalizar a reunión.

 

M. Recibimos ao alumnado estranxeiro

Expresións necesarias para dar a benvida ao alumnado estranxeiro, dar información e responder a preguntas sobre os diferentes servizos da universidade, sobre a metodoloxía docente etc.

 

N. Diriximos e/ou corriximos traballos de investigación

Expresións habituais para aconsellar ao alumnado sobre a súa investigación.

 

Ñ. Solucionamos as dúbidas que poidamos ter

Impartido en

Campus de Ourense. Aula 0.10 do Edificio Facultades.

 

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a sete sesións presenciais completas das nove que ten o curso.

Profesorado

Profesorado do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos