Curso de práctica do discurso oral en inglés na aula - CAMPUS DE OURENSE
Información do curso
Curso de práctica do discurso oral en inglés na aula - CAMPUS DE OURENSE
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPRAD15OU | ||||
Nome | Curso de práctica do discurso oral en inglés na aula - CAMPUS DE OURENSE |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | A actividade formativa busca que as persoas que participen se formen en aspectos fundamentalmente prácticos da lingua inglesa para desenvolver mellor as actividades habituais da aula. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O Curso de práctica do discurso oral en inglés na aula insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2015. A devandita acción formativa está organizada pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Páxina web do curso
http://vicadc.uvigo.es/vicadc_gl/formacion/Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 22/04/2015 12:00 - 16/07/2015 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 01/09/2015 - 11/09/2015 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
A acción formativa está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. Para acceder ao curso é necesario ter a acreditación do nivel B2 ou C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Terán preferencia aquelas persoas que xa estean a impartir docencia en inglés ou que consten en POD como as encargadas de impartir algunha materia para o ano académico 2015/16. A documentación enviarase a innovacion.educativa@uvigo.es .
As persoas que non teñan aprobado o HELA ou non teñan acreditación de nivel ou a teñen caducada poderán presentarse a unha proba de nivel. Esta levarase a cabo o 20 de xullo ás 15.00 horas na Facultade de Ciencias da Educación.
Obxectivos
- Mellorar a competencia comunicativa en inglés no ámbito académico.
- Fornecer de recursos prácticos relacionados coa actividade docente: a xestión da aula, a instrución ao alumnado e as presentacións orais.
Criterios de selección
Ofertaranse vinte prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.
Calendario
Data da proba de nivel: 20 de xullo ás 15.00 horas na Facultade de Ciencias da Educación.
Calendario:
Os días 1, 2, 3, e 4 de setembro de 10 a 12.30.
Os días 7, 8, 9, 10 e 11 de setembro de 10 a 12 horas.
Programa
|
A. Presentamos o curso |
|
|
|
B. Recompilamos os materiais Manexo dos termos máis comúns nas fontes de coñecemento máis habitual empregadas para extraer materias. |
|
C. Impartimos docencia (aulas grandes) |
|
|
|
D. Impartimos docencia (seminarios) Quendas de palabra, esixindo participación... |
|
E. Damos instrucións ao alumnado |
|
|
|
F. Requirimos e revisamos encomendas |
|
|
|
G. Falamos co estudantado Expresións empregadas nas reunións entre as persoas que coordinan os graos/titorías/profesorado en xeral e o alumnado. |
|
H. Avaliamos ao alumnado Expresións empregadas nos exames orais, nos exames escritos e nas encomendas. |
|
I. Proporcionamos retroalimentación ao estudantado Expresións empregadas para explicarlle os erros cometidos e/ou o que esperaba que fixesen. |
|
L. Titorización do alumnado: reunións de traballo Expresións máis habituais empregadas nas reunións con alumnos/as: dar a benvida á reunión, establecer a finalidade da reunión, ceder a palabra, dar e pedir opinións, interrupcións, quendas de palabra e finalizar a reunión. |
|
M. Recibimos ao alumnado estranxeiro Expresións necesarias para dar a benvida ao alumnado estranxeiro, dar información e responder a preguntas sobre os diferentes servizos da universidade, sobre a metodoloxía docente etc. |
|
N. Diriximos e/ou corriximos traballos de investigación Expresións habituais para aconsellar ao alumnado sobre a súa investigación. |
|
Ñ. Solucionamos as dúbidas que poidamos ter |
Impartido en
Campus de Ourense. Aula 0.10 do Edificio Facultades.
Observacións
ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a sete sesións presenciais completas das nove que ten o curso.
Profesorado
Profesorado do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo.