Openoffice e o seu uso na docencia universitaria (Campus de Vigo)

Información do curso

Openoffice e o seu uso na docencia universitaria (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP5501
Nome Openoffice e o seu uso na docencia universitaria (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 10
Descrición Openoffice é unha recopilación dos programas máis empregados nas oficinas e comprende un procesador de textos, unha folla de cálculo, presentacións, ferramentas para o debuxo vectorial e base de datos. A diferenza con outras suites ofimáticas xira en que Openoffice é de código aberto e de software libre.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso "Openoffice e o seu uso na docencia universitaria" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa e a súa Área de Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 13/01/2010 12:00 - 04/03/2010 23:59
Período de docencia 08/03/2010 - 22/03/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo con preferencia a aqueles que non realizaran ningunha das edicións do curso "Elaboración de materias docentes empregando ferramentas informáticas gratuítas"

Obxectivos

Familiarizarse coas distintas aplicacións que compoñen o paquete Openoffice, o equivalente en software libre ao Microsoft Office, con algunha aplicación máis, como o programa de debuxo. .

Calendario

O curso celebrarase os días:

8 e 15 de marzo de 10:00 a 14:00 e o 22 de marzo de 10:00 a 12:00

Programa

A metodoloxía empregada será fundamentalmente a de "prácticas guiadas". Todo o material do curso estará permanentemente dispoñible na web.

  1. Introdución a Openoffice, procesador de textos.
  2. Presentacións multimedia, instalación de extensións,…
  3. Folla de cálculo e ecuacións matemáticas.
  4. Bases de datos.
  5. Debuxo.

Impartido en

Aula F do Edificio da Fundición

Campus de Vigo

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a catro sesións completas das cinco que ten o curso. (Cada sesión equivale a dúas horas).

Profesorado

XOSÉ ANTÓN VILA SOBRINO

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos