Openoffice e o seu uso na docencia universitaria (Campus de Vigo)
Información do curso
Openoffice e o seu uso na docencia universitaria (Campus de Vigo)
| Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
| Código | PFPP5501 | ||||
| Nome | Openoffice e o seu uso na docencia universitaria (Campus de Vigo) |
|
|||
| Modalidade | Presencial | ||||
| Horas | 10 | ||||
| Descrición | Openoffice é unha recopilación dos programas máis empregados nas oficinas e comprende un procesador de textos, unha folla de cálculo, presentacións, ferramentas para o debuxo vectorial e base de datos. A diferenza con outras suites ofimáticas xira en que Openoffice é de código aberto e de software libre. | ||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986813596 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Descrición
O curso "Openoffice e o seu uso na docencia universitaria" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa e a súa Área de Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 13/01/2010 12:00 - 04/03/2010 23:59 |
|---|---|
| Período de docencia | 08/03/2010 - 22/03/2010 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 0 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo con preferencia a aqueles que non realizaran ningunha das edicións do curso "Elaboración de materias docentes empregando ferramentas informáticas gratuítas"
Obxectivos
Familiarizarse coas distintas aplicacións que compoñen o paquete Openoffice, o equivalente en software libre ao Microsoft Office, con algunha aplicación máis, como o programa de debuxo. .
Profesorado
XOSÉ ANTÓN VILA SOBRINO
Programa
A metodoloxía empregada será fundamentalmente a de "prácticas guiadas". Todo o material do curso estará permanentemente dispoñible na web.
- Introdución a Openoffice, procesador de textos.
- Presentacións multimedia, instalación de extensións,…
- Folla de cálculo e ecuacións matemáticas.
- Bases de datos.
- Debuxo.
Calendario
O curso celebrarase os días:
8 e 15 de marzo de 10:00 a 14:00 e o 22 de marzo de 10:00 a 12:00
Impartido en
Aula F do Edificio da Fundición
Campus de Vigo
Observacións
CERTIFICADO DE ASISTENCIA:A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan, polo menos, a catro sesións completas das cinco que ten o curso. (Cada sesión equivale a dúas horas).


