Atopa o teu curso

Información do curso

A metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPAPS211
Nome A metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

A Aprendizaxe-Servizo é unha maneira de aprender facendo un Servizo á comunidade. Esta metodoloxía activa de aprendizaxe pode traballar todas as competencias (básicas, específicas, transversais e xerais) e artéllase nun proxecto de educación para a cidadanía que fortalece a comunidade, xa que fomenta o capital social, estimula o traballo en rede e afonda nos valores en normas que aportan cohesión social.

A filosofía que sustenta esta metodoloxía considera que a educación debe servir para mellorar o mundo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813035/ 986130261
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso A metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021.

A actividade formativa está coorganizada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.

Esta actividade formativa está encamiñada á preparación de propostas para a Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en Aprendizaxe-servizo (ApS) 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente) e a Área de Responsabilidade Social e Cooperación (Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 12/03/2021 12:00 - 05/04/2021 23:59
Período de docencia 19/04/2021 - 14/06/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 50

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo mais terá preferencia:

1. O PDI con carga docente que estea interesado en presentar un proxecto á convocatoria ApS que non participase na edición anterior.
2. O demais PDI organizado por orde de preinscrición.
3. No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

- Analizar as potencialidades pedagóxicas da Aprendizaxe–Servizo no EEES.
- Fomentar a participación social dende as aulas.
- Explorara as posibilidades da ApS como canle de desenvolvemento cognitivo, afectivo e ético no alumnado.
- Deseñar un proxecto de ApS adaptado ás diferentes áreas de coñecemento e titulación.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Curso teórico en liña (asíncrono): desenvolveranse do 19 de abril ao 9 de maio na plataforma Moovi.

Xornadas (sesións síncronas): desenvolverase o 22 de abril  de 16 a 18 horas e o 26 de abril de 16 a 18.30 horas a través do Campus remoto.

Programa

Curso teórico en liña (plataforma Moovi)

- Introdución á Aprendizaxe-Servizo.
- Que é e que non é ApS.
- Tipoloxías de ApS a desenvolver.
- Deseño de proxectos ApS.

Xornadas síncronas a través do Campus remoto (A estas xornadas poderán acceder persoas non matriculadas no curso)

 22 de abril (de 16  a 18 horas)

- A metodoloxía ApS na Universidade de Vigo. María Isabel Doval Ruiz.
- Por qué funciona el aprendizaje-servicio? Una metodología pedagógica poderosa de interés europeo. Pilar Aramburuzabala.
- Quenda de preguntas.

26 de abril (de 16 a 18.30 horas)

- A convocatoria ApS na Universidade de Vigo.
- A práctica de ApS. Experiencia de tres proxectos da convocatoria UVigo de 2019 dende a visión da/o docente coordinador/a , do estudantado participante e das entidades sociais participantes.

Impartido en

A través da plataforma Moovi e do Campus remoto.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas no curso, que obteñan a calificación de apto nas actividades de teleformación e que asistan ás dúas sesións síncronas a través do campus remoto.

A asistencia as xornadas síncronas está aberta as persoas interesadas sen necesidade de inscrición previa mais non se acreditará a súa asistencia.

Profesorado

Pilar Aramburuzabala

Doutora en Educación pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente traballa como profesora na Facultade de Formación do Profesorado e Educación da Universidade Autónoma de Madrid. Dende 2008, orientou os seus intereses de investigación ao eido do Aprendizaxe-servizo e a educación para a xustiza social. O seu traballo foi publicado en varios libros e revistas científicas, tanto nacionais como Internacionais .é membro da Rede Española de Servicio-Aprendizaxe, da Rede de Servicio-Aprendizaxe de Educación Superior, ApS (U). Coordina a Rede de Madrid para a Promoción da Servicio-Aprendizaxe. É a presidenta do Observatorio Europeo de Aprendizaxe-Servicio en Educación Superior.

 

María Isabel Doval Ruiz

Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.
Profesora titular de universidade do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo.

 

Alexandre Sotelino Losada

Profesor da Universidade de Santiago de Compostela que pertence oa Grupo de Investigación ESCULCA que está especializado na Aprendizaxe-Servizo.

Coa colaboración das entidades sociais que teñen acordo coa Universidade de Vigo e a participación de profesorado  e alumnado que lparticiparon na convocatoria de proxectos ApS de 2019.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos