A metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo
Información do curso
A metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPAPS211 | ||||
Nome | A metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | A Aprendizaxe-Servizo é unha maneira de aprender facendo un Servizo á comunidade. Esta metodoloxía activa de aprendizaxe pode traballar todas as competencias (básicas, específicas, transversais e xerais) e artéllase nun proxecto de educación para a cidadanía que fortalece a comunidade, xa que fomenta o capital social, estimula o traballo en rede e afonda nos valores en normas que aportan cohesión social. A filosofía que sustenta esta metodoloxía considera que a educación debe servir para mellorar o mundo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813035/ 986130261 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso A metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021.
A actividade formativa está coorganizada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.
Esta actividade formativa está encamiñada á preparación de propostas para a Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en Aprendizaxe-servizo (ApS) 2021.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente) e a Área de Responsabilidade Social e Cooperación (Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 12/03/2021 12:00 - 05/04/2021 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 19/04/2021 - 14/06/2021 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 50 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo mais terá preferencia:
1. O PDI con carga docente que estea interesado en presentar un proxecto á convocatoria ApS que non participase na edición anterior.
2. O demais PDI organizado por orde de preinscrición.
3. No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Analizar as potencialidades pedagóxicas da Aprendizaxe–Servizo no EEES.
- Fomentar a participación social dende as aulas.
- Explorara as posibilidades da ApS como canle de desenvolvemento cognitivo, afectivo e ético no alumnado.
- Deseñar un proxecto de ApS adaptado ás diferentes áreas de coñecemento e titulación.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Curso teórico en liña (asíncrono): desenvolveranse do 19 de abril ao 9 de maio na plataforma Moovi.
Xornadas (sesións síncronas): desenvolverase o 22 de abril de 16 a 18 horas e o 26 de abril de 16 a 18.30 horas a través do Campus remoto.
Programa
Curso teórico en liña (plataforma Moovi)
- Introdución á Aprendizaxe-Servizo.
- Que é e que non é ApS.
- Tipoloxías de ApS a desenvolver.
- Deseño de proxectos ApS.
Xornadas síncronas a través do Campus remoto (A estas xornadas poderán acceder persoas non matriculadas no curso)
22 de abril (de 16 a 18 horas)
- A metodoloxía ApS na Universidade de Vigo. María Isabel Doval Ruiz.
- Por qué funciona el aprendizaje-servicio? Una metodología pedagógica poderosa de interés europeo. Pilar Aramburuzabala.
- Quenda de preguntas.
26 de abril (de 16 a 18.30 horas)
- A convocatoria ApS na Universidade de Vigo.
- A práctica de ApS. Experiencia de tres proxectos da convocatoria UVigo de 2019 dende a visión da/o docente coordinador/a , do estudantado participante e das entidades sociais participantes.
Impartido en
A través da plataforma Moovi e do Campus remoto.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas no curso, que obteñan a calificación de apto nas actividades de teleformación e que asistan ás dúas sesións síncronas a través do campus remoto.
A asistencia as xornadas síncronas está aberta as persoas interesadas sen necesidade de inscrición previa mais non se acreditará a súa asistencia.
Profesorado
Pilar Aramburuzabala
Doutora en Educación pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente traballa como profesora na Facultade de Formación do Profesorado e Educación da Universidade Autónoma de Madrid. Dende 2008, orientou os seus intereses de investigación ao eido do Aprendizaxe-servizo e a educación para a xustiza social. O seu traballo foi publicado en varios libros e revistas científicas, tanto nacionais como Internacionais .é membro da Rede Española de Servicio-Aprendizaxe, da Rede de Servicio-Aprendizaxe de Educación Superior, ApS (U). Coordina a Rede de Madrid para a Promoción da Servicio-Aprendizaxe. É a presidenta do Observatorio Europeo de Aprendizaxe-Servicio en Educación Superior.
María Isabel Doval Ruiz
Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.
Profesora titular de universidade do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Universidade de Vigo.
Alexandre Sotelino Losada
Profesor da Universidade de Santiago de Compostela que pertence oa Grupo de Investigación ESCULCA que está especializado na Aprendizaxe-Servizo.
Coa colaboración das entidades sociais que teñen acordo coa Universidade de Vigo e a participación de profesorado e alumnado que lparticiparon na convocatoria de proxectos ApS de 2019.