Descubrindo Moodle: creación dun curso virtual paso a paso (Modalidade virtual)

Información do curso

Descubrindo Moodle: creación dun curso virtual paso a paso (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPMOO20
Nome Descubrindo Moodle: creación dun curso virtual paso a paso (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

Esta actividade formativa pretende guiar ao profesorado a través das distintas etapas do proceso de creación dun curso virtual a través de Moodle. As persoas participantes aprenderán a dar de alta un curso, configuralo, administralo, así como incorporar recursos didácticos e actividades básicas de aprendizaxe en liña, sempre desde un enfoque práctico, aplicado e persoalizado.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Descubrindo Moodle: creación dun curso virtual paso a paso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 25/06/2020 10:00 - 28/06/2020 23:59
Período de docencia 01/07/2020 - 30/07/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Distinguir as distintas ferramentas de Moodle.
  • Implantar e configurar actividades de aprendizaxe en liña.
  • Crear unha telemateria na plataforma FaiTIC.

Calendario

Do 1 ao 30 de xullo.

Programa

  1. Introdución:
      -Presentación do curso.
      -Que é Moodle?
      -Alta dunha  telemateria.
      -Xestión e configuración.
  1. Integración de contidos:
    -Arquivo.
    -Cartafol e ligazón.
    -URL.
    -Etiqueta.
    -Páxina.
  1. Actividade cuestionario:
    -Tipos de preguntas.
    -Organización dun banco de preguntas.
    -Elaboración de cuestionarios.
  1. Actividade tarefa:
    -Tipos de entregas.
    -Tipos de  retroalimentación.
    -Configuración e axustes
  1. Ferramentas de comunicación:
    -Foros.
    -Consulta.
    -Enquisa.
  1. Conclusión:
    -Reutilización de recursos e actividades.
    -Recomendacións finais.

Impartido en

Modalidade virtual. A través da plataforma FaiTIC.

Observacións

Acreditación da superación do curso:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que acaden a calificación de apto/a.

Profesorado

Antonio Fernández Álvarez

Profesor do Departamento de Deseño na Enxeñaría. É coordinador do Grupo de Innovación Docente Virtualia que ten como finalidade a aplicación de contornas virtuais de aprendizaxe para a docencia universitaria.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos