Descubrindo Moodle: creación dun curso virtual paso a paso (Modalidade virtual)
Información do curso
Descubrindo Moodle: creación dun curso virtual paso a paso (Modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPMOO20 | ||||
Nome | Descubrindo Moodle: creación dun curso virtual paso a paso (Modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Esta actividade formativa pretende guiar ao profesorado a través das distintas etapas do proceso de creación dun curso virtual a través de Moodle. As persoas participantes aprenderán a dar de alta un curso, configuralo, administralo, así como incorporar recursos didácticos e actividades básicas de aprendizaxe en liña, sempre desde un enfoque práctico, aplicado e persoalizado. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Descubrindo Moodle: creación dun curso virtual paso a paso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 25/06/2020 10:00 - 28/06/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 01/07/2020 - 30/07/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Distinguir as distintas ferramentas de Moodle.
- Implantar e configurar actividades de aprendizaxe en liña.
- Crear unha telemateria na plataforma FaiTIC.
Calendario
Do 1 ao 30 de xullo.
Programa
- Introdución:
-Presentación do curso.
-Que é Moodle?
-Alta dunha telemateria.
-Xestión e configuración.
- Integración de contidos:
-Arquivo.
-Cartafol e ligazón.
-URL.
-Etiqueta.
-Páxina.
- Actividade cuestionario:
-Tipos de preguntas.
-Organización dun banco de preguntas.
-Elaboración de cuestionarios.
- Actividade tarefa:
-Tipos de entregas.
-Tipos de retroalimentación.
-Configuración e axustes
- Ferramentas de comunicación:
-Foros.
-Consulta.
-Enquisa.
- Conclusión:
-Reutilización de recursos e actividades.
-Recomendacións finais.
Impartido en
Modalidade virtual. A través da plataforma FaiTIC.
Observacións
Acreditación da superación do curso:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que acaden a calificación de apto/a.
Profesorado
Antonio Fernández Álvarez
Profesor do Departamento de Deseño na Enxeñaría. É coordinador do Grupo de Innovación Docente Virtualia que ten como finalidade a aplicación de contornas virtuais de aprendizaxe para a docencia universitaria.