Como deseñar a miña materia para a docencia semipresencial (Modalidade virtual)

Información do curso

Como deseñar a miña materia para a docencia semipresencial (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPELEAR21
Nome Como deseñar a miña materia para a docencia semipresencial (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 50
Descrición

A finalidade desta formación é adquirir as competencias básicas para afrontar a docencia en liña e semipresencial. A docencia en liña supón unha reformulación da docencia que vai máis alá do traspaso da docencia presencial a unha plataforma de teledocencia.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Como deseñar a miña materia para a docencia semipresencial insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 26/05/2020 12:00 - 03/06/2020 23:59
Período de docencia 08/06/2020 - 31/07/2020

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Comprender os principios da formación en liña.
  • Planificar a formación para unha modalidade semipresencial.
  • Elaborar recursos didácticos mutimedia: contidos textuais, presentacións, vídeos...
  • Desenvolver as competencias para a docencia en liña.
  • Ser quen de implantar a formación en Moodle.

Calendario

Do 8 de xuño ao 31 de xullo.

Programa

  • Características para a docencia na modalidade virtual.
  • Competencias docentes na docencia en liña e/ou semipresencial I: planificación, emprego de metodoloxías.
  • Competencias docentes na docencia en liña e/ou semipresencial II: comunicación, titorización e avaliación na docencia en liña.
  • Elaboración recursos didácticos mutimedia: contidos textuais, presentacións, vídeos...
  • Coñecementos básicos para implantar a materia en Moodle e facer o seu seguimento e avaliación.

Impartido en

En modalidade virtual.

Observacións

Acreditación da superación do curso:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

Profesorado

María de los Ángeles Villar Lemos, Luis Pena Morandeira e José Carlos López Ardao.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos