Como deseñar a miña materia para a docencia semipresencial (Modalidade virtual)
Información do curso
Como deseñar a miña materia para a docencia semipresencial (Modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPELEAR21 | ||||
Nome | Como deseñar a miña materia para a docencia semipresencial (Modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 50 | ||||
Descrición | A finalidade desta formación é adquirir as competencias básicas para afrontar a docencia en liña e semipresencial. A docencia en liña supón unha reformulación da docencia que vai máis alá do traspaso da docencia presencial a unha plataforma de teledocencia. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Como deseñar a miña materia para a docencia semipresencial insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 26/05/2020 12:00 - 03/06/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 08/06/2020 - 31/07/2020 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Comprender os principios da formación en liña.
- Planificar a formación para unha modalidade semipresencial.
- Elaborar recursos didácticos mutimedia: contidos textuais, presentacións, vídeos...
- Desenvolver as competencias para a docencia en liña.
- Ser quen de implantar a formación en Moodle.
Calendario
Do 8 de xuño ao 31 de xullo.
Programa
- Características para a docencia na modalidade virtual.
- Competencias docentes na docencia en liña e/ou semipresencial I: planificación, emprego de metodoloxías.
- Competencias docentes na docencia en liña e/ou semipresencial II: comunicación, titorización e avaliación na docencia en liña.
- Elaboración recursos didácticos mutimedia: contidos textuais, presentacións, vídeos...
- Coñecementos básicos para implantar a materia en Moodle e facer o seu seguimento e avaliación.
Impartido en
En modalidade virtual.
Observacións
Acreditación da superación do curso:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.
Profesorado
María de los Ángeles Villar Lemos, Luis Pena Morandeira e José Carlos López Ardao.