Axenda 2030. Unha oportunidade para transformar a Universidade

Información do curso

Axenda 2030. Unha oportunidade para transformar a Universidade


Tipo Actividades de Voluntariado e Cooperación
Código RSCD-201902
Nome Axenda 2030. Unha oportunidade para transformar a Universidade
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

O curso "Axenda 2030 e Universidade" de 20 horas e modalidade non presencial vai dirixido ao PDI e PAS da UVigo. Organizado en torno a 4 módulos, será impartido entre o 24 de febreiro e o 20 de marzo.

O curso ten como obxectivo coñecer a Axenda 2030 e as súas implicacións para o mundo do desenvolvemento, analizar como se está adaptando o Estado español aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e reflexionar sobre o rol da Universidade na sociedade e de que xeito a Axenda pode contribuír a transformala.

Este curso, aloxado na plataforma de teledocencia Faitic, contará con pílulas explicativas e vídeos, acceso a documentos oficiais e artigos de análise de diferentes aspectos sobre a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) así como titorización individualizada a través de videoconferencia e foros de dúbidas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 130 261
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 14/01/2020 10:00 - 02/03/2020 00:00
Período de docencia 24/02/2019 - 20/03/2020

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

-PDI

-PAS

Obxectivos

-Coñecer a Axenda 2030 e as súas implicacións para o mundo desenvolvido.

-Saber como o Estado español se está adaptando aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

-Reflexionar sobre o papel da Universidade na sociedade e como a Axenda 2030 pode contribuír a transformala.

-Desenvolver sementes de propostas para a aplicación da axenda 2030.

Calendario

-Acceso á plataforma de teledocencia (Faitic): 24 de febreiro

-Remate do curso: 20 de marzo.

-Lectura de textos, visionado de pílulas e vídeos, realización de actividades e titorías (videoconferencia e foros):

  • Módulo 1: 24 – 28 de febreiro.
  • Módulo 2: 2 – 6 de marzo.
  • Módulo 3: 9 – 13 de marzo.
  • Módulo 4: 16 – 20 de marzo.

Programa

-Módulo 1 (4 horas). A evolución das ideas sobre desenvolvemento.

-Módulo 2 (6 horas). A Axenda 2030: negociación e conclusión.

-Módulo 3 (6 horas). A Axenda 2030 en España: recepción e o papel da Universidade.

-Módulo 4 (4 horas). Axenda 2030 e Universidade. Análise de casos prácticos.

Impartido en

Curso non presencial impartido a través de Faitic.

Profesorado

José Medina Mateos, Colectivo de creación política La Mundial. jose@lamundial.org

Sistema de avaliación

As persoas participantes serán avaliadas a través de 2 tipos de proba:

  • Participación en 3 foros de debate (módulo 1, 2 e 3) (ata 1 punto cada foro)
  • Realización dun traballo final de 2000 palabras sobre como se poden adaptar as tarefas que desempeñan os participantes á Axenda 2030 (ata 7 puntos)

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos