Axenda 2030. Unha oportunidade para transformar a Universidade
Información do curso
Axenda 2030. Unha oportunidade para transformar a Universidade
Tipo | Actividades de Voluntariado e Cooperación | ||||
Código | RSCD-201902 | ||||
Nome | Axenda 2030. Unha oportunidade para transformar a Universidade |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | O curso "Axenda 2030 e Universidade" de 20 horas e modalidade non presencial vai dirixido ao PDI e PAS da UVigo. Organizado en torno a 4 módulos, será impartido entre o 24 de febreiro e o 20 de marzo. O curso ten como obxectivo coñecer a Axenda 2030 e as súas implicacións para o mundo do desenvolvemento, analizar como se está adaptando o Estado español aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e reflexionar sobre o rol da Universidade na sociedade e de que xeito a Axenda pode contribuír a transformala. Este curso, aloxado na plataforma de teledocencia Faitic, contará con pílulas explicativas e vídeos, acceso a documentos oficiais e artigos de análise de diferentes aspectos sobre a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) así como titorización individualizada a través de videoconferencia e foros de dúbidas. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 130 261 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 14/01/2020 10:00 - 02/03/2020 00:00 |
---|---|
Período de docencia | 24/02/2019 - 20/03/2020 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 30 |
---|
Destinatarios/as
-PDI
-PAS
Obxectivos
-Coñecer a Axenda 2030 e as súas implicacións para o mundo desenvolvido.
-Saber como o Estado español se está adaptando aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
-Reflexionar sobre o papel da Universidade na sociedade e como a Axenda 2030 pode contribuír a transformala.
-Desenvolver sementes de propostas para a aplicación da axenda 2030.
Calendario
-Acceso á plataforma de teledocencia (Faitic): 24 de febreiro
-Remate do curso: 20 de marzo.
-Lectura de textos, visionado de pílulas e vídeos, realización de actividades e titorías (videoconferencia e foros):
- Módulo 1: 24 – 28 de febreiro.
- Módulo 2: 2 – 6 de marzo.
- Módulo 3: 9 – 13 de marzo.
- Módulo 4: 16 – 20 de marzo.
Programa
-Módulo 1 (4 horas). A evolución das ideas sobre desenvolvemento.
-Módulo 2 (6 horas). A Axenda 2030: negociación e conclusión.
-Módulo 3 (6 horas). A Axenda 2030 en España: recepción e o papel da Universidade.
-Módulo 4 (4 horas). Axenda 2030 e Universidade. Análise de casos prácticos.
Impartido en
Curso non presencial impartido a través de Faitic.
Profesorado
José Medina Mateos, Colectivo de creación política La Mundial. jose@lamundial.org
Sistema de avaliación
As persoas participantes serán avaliadas a través de 2 tipos de proba:
- Participación en 3 foros de debate (módulo 1, 2 e 3) (ata 1 punto cada foro)
- Realización dun traballo final de 2000 palabras sobre como se poden adaptar as tarefas que desempeñan os participantes á Axenda 2030 (ata 7 puntos)