Mellora das técnicas de redacción de comunicacións e publicacións científicas (Campus de Ourense)

Información do curso

Mellora das técnicas de redacción de comunicacións e publicacións científicas (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP6603
Nome Mellora das técnicas de redacción de comunicacións e publicacións científicas (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

Todos escribimos ao día unha cantidade determinada de textos. A comunicación escrita gañou terreo coas novas vías de comunicación (correo electrónico, facebook, etc..) Por outra banda, o nivel de esixencia e a competitividade son cada vez maiores. En momentos de crisis saber "vender" adecuadamente as nosas ideas pode ser definitivo para acadar o éxito ou fracasar nun proxecto.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso "Mellora das técnicas de redacción de comunicacións e publicacións científicas" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2011. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade e a súa Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 07/04/2011 12:00 - 02/06/2011 23:59
Período de docencia 06/06/2011 - 20/06/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  •   Aprender a expresar adecuadamente o que pensamos
  •   Analizar diferentes tipos de textos e a súa efectividade e corrección
  •   Ensinar algunhas técnicas que faciliten a elaboración dun texto científico e técnico
  •   Conseguir unha comunicación máis clara e eficaz

Criterios de selección

Ofértanse 30 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días:

6, 8, 13, 15 e 20 de xuño de 16:00 a 20:00

Programa

  1. A comunicación e a súa relación co éxito profesional no ámbito docente e investigador
    • 1.1   O esquema comunicativo
    • 1.2   As funcións da linguaxe: a relación emisor-receptor
    • 1.3   Algunhas cuestións normativas
    • 1.4   Ferramentas útiles en Internet para unha correcta redacción: o bo uso dos diccionarios
  2. Composición dun texto
    • 2.1   A elaboración do texto
    • 2.2   Organización en función do contido: as técnicas dedutiva e indutiva
    • 2.3   Coherencia e cohesión
    • 2.4   Fases de elaboración: o parágrafo, a frase e a palabra
    • 2.5   Análise dalgúns erros frecuentes (as repeticións léxicas, as impropiedades, a puntuación incorrecta, os solecismos e os anacolutos)
  3. Taller de textos (1ª parte)
    • 3.1   O correo electrónico
      • Definición e escritura
      • Tipoloxía
      • Características
      • A carta (Definición e estrutura, tipoloxía e características)
  4. Taller de textos (2ª parte)
    • 4.1   O informe técnico
      • Definición e estrutura
      • Fases de elaboración
      • Características
    • 4.2   O artigo de investigación
      • Definición e estrutura
      • Fases de elaboración
      • Características

Impartido en

Aula 2.3 da Facultade de Dereito.

Campus de Ourense

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan a oito sesións completas das dez que ten o curso (cada sesión equivale a dúas horas).

Profesorado

INMACULADA ANAYA REVUELTA

SUSANA RODRÍGUEZ BARCIA

ÁNGEL RODRÍGUEZ GALLARDO

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos