Mellora das técnicas de redacción de comunicacións e publicacións científicas (Campus de Ourense)
Información do curso
Mellora das técnicas de redacción de comunicacións e publicacións científicas (Campus de Ourense)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPP6603 | ||||
Nome | Mellora das técnicas de redacción de comunicacións e publicacións científicas (Campus de Ourense) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Todos escribimos ao día unha cantidade determinada de textos. A comunicación escrita gañou terreo coas novas vías de comunicación (correo electrónico, facebook, etc..) Por outra banda, o nivel de esixencia e a competitividade son cada vez maiores. En momentos de crisis saber "vender" adecuadamente as nosas ideas pode ser definitivo para acadar o éxito ou fracasar nun proxecto. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813596 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso "Mellora das técnicas de redacción de comunicacións e publicacións científicas" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2011. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade e a súa Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 07/04/2011 12:00 - 02/06/2011 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 06/06/2011 - 20/06/2011 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.
Obxectivos
- Aprender a expresar adecuadamente o que pensamos
- Analizar diferentes tipos de textos e a súa efectividade e corrección
- Ensinar algunhas técnicas que faciliten a elaboración dun texto científico e técnico
- Conseguir unha comunicación máis clara e eficaz
Criterios de selección
Ofértanse 30 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.
Calendario
O curso celebrarase os días:
6, 8, 13, 15 e 20 de xuño de 16:00 a 20:00
Programa
- A comunicación e a súa relación co éxito profesional no ámbito docente e investigador
- 1.1 O esquema comunicativo
- 1.2 As funcións da linguaxe: a relación emisor-receptor
- 1.3 Algunhas cuestións normativas
- 1.4 Ferramentas útiles en Internet para unha correcta redacción: o bo uso dos diccionarios
- 1.1 O esquema comunicativo
- Composición dun texto
- 2.1 A elaboración do texto
- 2.2 Organización en función do contido: as técnicas dedutiva e indutiva
- 2.3 Coherencia e cohesión
- 2.4 Fases de elaboración: o parágrafo, a frase e a palabra
- 2.5 Análise dalgúns erros frecuentes (as repeticións léxicas, as impropiedades, a puntuación incorrecta, os solecismos e os anacolutos)
- Taller de textos (1ª parte)
- 3.1 O correo electrónico
- Definición e escritura
- Tipoloxía
- Características
- A carta (Definición e estrutura, tipoloxía e características)
- 3.1 O correo electrónico
- Taller de textos (2ª parte)
- 4.1 O informe técnico
- Definición e estrutura
- Fases de elaboración
- Características
- 4.2 O artigo de investigación
- Definición e estrutura
- Fases de elaboración
- Características
- 4.1 O informe técnico
Impartido en
Aula 2.3 da Facultade de Dereito.
Campus de Ourense
Observacións
CERTIFICADO DE ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan a oito sesións completas das dez que ten o curso (cada sesión equivale a dúas horas).
Profesorado
INMACULADA ANAYA REVUELTA
SUSANA RODRÍGUEZ BARCIA
ÁNGEL RODRÍGUEZ GALLARDO