Atopa o teu curso
Información do curso
A universidade, espazo libre de violencias machistas?
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | VM2023 | ||||
Nome | A universidade, espazo libre de violencias machistas? |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Descrición | Esta acción formativa está dirixida a persoas da comunidade universitaria con cargos de responsabilidade ou con especial implicación en funcións relacionadas coa xestión de igualdade entre mulleres e homes e a convivencia nos seus centros ou servizos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 419 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
A universidade, espazo libre de violencias machistas? pretende abordar a sensibilización, prevención, atención e acompañamento das violencias machistas no ámbito da Universidade de Vigo.
Entidades organizadoras
Unidade de Igualdade
Información sobre o calendario (datas)
Destinatarios/as
Persoas da comunidade universitaria con cargos de responsabilidade ou con especial implicación en funcións relacionadas coa xestión de igualdade entre mulleres e homes e a convivencia nos seus centros ou servizos
Obxectivos
Desmitificar a idea de que a universidade é un espazo libre de violencias machistas.
Sensibilizar a persoas da comunidade universitaria con responsabilidade ou funcións relacionadas coa igualdade e a convivencia acerca da necesidade de identificar as violencias machistas e actuar fronte a elas.
Concienciar a persoas clave da comunidade universitaria acerca das consecuencias que as violencias machistas teñen a nivel individual e institucional.
Formar a persoas clave da comunidade universitaria en materia de violencias machistas, nomeadamente sobre o acoso sexual e o acoso por razón de sexo.
Dar pautas claras e concisas de atención e acompañamento nos casos de violencias machistas.
Programa
A universidade, espazo libre de violencias machistas? Do mito á realidade.
A orixe das violencias machistas: a desigualdade de xénero.
As violencias machistas: concepto, tipoloxía e consecuencias individuaisi e institucionais.
Prevención, detección e actuación fronte as violencias machistas na universidade.
A universidade como espazo seguro: como atender e acompañar en casos de violencia machista desde a Universidade de Vigo.
Impartido en
Galego.
Observacións
Acción vinculada ao programa de actividades do 25N Día Internacional contra a Violencia Machista e financiada con cargo aos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.
Profesorado
María López, pedagóga e orientadora especializada en xénero.