A universidade, espazo libre de violencias machistas?
Información do curso
A universidade, espazo libre de violencias machistas?
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | VM20242 | ||||
Nome | A universidade, espazo libre de violencias machistas? |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Descrición | Esta acción formativa está dirixida a persoas da comunidade universitaria . |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 419 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
A universidade, espazo libre de violencias machistas? pretende abordar a sensibilización, prevención, atención e acompañamento das violencias machistas no ámbito da Universidade de Vigo.
Entidades organizadoras
Unidade de Igualdade
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 08/05/2024 10:42 - 27/05/2024 16:43 |
---|---|
Período de docencia | 28/05/2024 - 28/05/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Persoas da comunidade universitaria
Obxectivos
Desmitificar a idea de que a universidade é un espazo libre de violencias machistas.
Sensibilizar a persoas da comunidade universitaria con responsabilidade ou funcións relacionadas coa igualdade e a convivencia acerca da necesidade de identificar as violencias machistas e actuar fronte a elas.
Concienciar a persoas clave da comunidade universitaria acerca das consecuencias que as violencias machistas teñen a nivel individual e institucional.
Formar a persoas clave da comunidade universitaria en materia de violencias machistas, nomeadamente sobre o acoso sexual e o acoso por razón de sexo.
Dar pautas claras e concisas de atención e acompañamento nos casos de violencias machistas.
Programa
- A orixe das violencias machistas: a desigualdade.
- A universidade, espazo libre de violencias machistas? Do mito á realidade
- As violencias machistas: concepto, tipoloxía e consecuencias (individuais e institucionais).
- A universidade como espazo seguro: prevención, detección e actuación fronte as violencias machistas
Impartido en
Galego.
Observacións
Acción formativa financiada con cargo aos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.
Profesorado
María López, pedagóga e orientadora especializada en xénero.