O cartafol docente como estratexia formativa e de desenvolvemento profesional (Campus de Pontevedra)
Información do curso
O cartafol docente como estratexia formativa e de desenvolvemento profesional (Campus de Pontevedra)
| Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
| Código | PFPP3803 | ||||
| Nome | O cartafol docente como estratexia formativa e de desenvolvemento profesional (Campus de Pontevedra) |
|
|||
| Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
| Horas | 32 | ||||
| Descrición | O obradoiro "O cartafol docente como estratexia formativa e de desenvolvemento profesional" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade. | ||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986813596 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 28/07/2010 12:00 - 20/09/2010 23:59 |
|---|---|
| Período de docencia | 22/09/2010 - 04/11/2010 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 0 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.
Obxectivos
- Analizar o perfil do profesor universitario e as súas competencias.
- Comprender o significado da avaliación como ferramenta de autoavaliación e mellora.
- Distinguir os requisitos que esixe unha avaliación válida e fiable do ensino.
- Adquirir información sobre o concepto de cartafol docente e a súa filosofía de traballo.
- Explorar o uso e interpretación do cartafol.
- Iniciar o proceso de elaboración dun cartafol docente.
- Comprender o significado da avaliación como ferramenta de autoavaliación e mellora.
Profesorado
AMPARO FERNÁNDEZ MARCH
Profesora titular da Universidade Politécnica de Valencia
Programa
1. Marco teórico do cartafol:
1.1 Novo modelo educativo: repercusións para o ensino.
1.2 A profesionalización da docencia: análise das competencias docentes.
1.3 A avaliación do ensino: análise das prácticas actuais.
2. O cartafol docente:
2.1 Orixes, definición e tipos.
2.2 Uso do cartafol para desenvolver a competencia reflexiva e para o desenvolvemento profesional.
2.3 Funcións. audiencias, contextualización,...
2.4 Contido do cartafol.
2.5 A elección da información.
2.6 Estruturas.
2.7 A preparación do cartafol: os oito pasos para a súa elaboración.
2.8 A elaboración dun cartafol de calidade: titoría, colaboración, criterios de avaliación, procesos de avaliación.
Calendario
Trátase dun curso semipresencial, cunha duración aproximada de vinte horas para a parte virtual, dúas sesións presenciais de catro horas cada unha e dúas sesións de videoconferencia de dúas horas.
Parte presencial:
Impartirase os días 22 de setembro de 16:00-20:00 horas e 23 de setembro de 10:00-14:00 horas. Nesta parte os participantes analizarán o sentido do cartafol e a súa función como ferramenta de desenvolvemento profesional. Análise do seu proceso de elaboración e iniciación deste.
Parte virtual:
Dende o 24 de setembro ao 2 de novembro a través da plataforma TEMA na que os participantes irán elaborando o seu cartafol e resolveranse as
dúbidas a través de titorías virtuais.
Videoconferencias:
Impartiranse os días 3 e 4 de novembro de 10:00-12:00 horas nas que terán lugar as presentacións do cartafol elaborado por cada un dos participantes: Análise das dificultades e reflexión do grupo sobre o aprendido coa súa elaboración, e as distintas concepcións persoais en relación coa docencia. Esta fase realizarase a través de videoconferencia.
Impartido en
Seminario 14 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
As sesións do 3 e 4 de novembro terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Primeiro andar. Aula 12 (Sala de videoconferencia)
Campus de Pontevedra
Observacións
CERTIFICADO DE ASISTENCIA:A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan polo menos a cinco sesións presenciais completas das seis que ten o curso (dúas videoconferencias máis unha sesión cada dúas horas) e participen satisfactoriamente na parte virtual.


