O cartafol docente como estratexia formativa e de desenvolvemento profesional (Campus de Pontevedra)

Información do curso

O cartafol docente como estratexia formativa e de desenvolvemento profesional (Campus de Pontevedra)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP3803
Nome O cartafol docente como estratexia formativa e de desenvolvemento profesional (Campus de Pontevedra)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 32
Descrición O obradoiro "O cartafol docente como estratexia formativa e de desenvolvemento profesional" insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 28/07/2010 12:00 - 20/09/2010 23:59
Período de docencia 22/09/2010 - 04/11/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Obxectivos

  •   Analizar o perfil do profesor universitario e as súas competencias.
  •   Comprender o significado da avaliación como ferramenta de autoavaliación e mellora.
  •   Distinguir os requisitos que esixe unha avaliación válida e fiable do ensino.
  •   Adquirir información sobre o concepto de cartafol docente e a súa filosofía de traballo.
  •   Explorar o uso e interpretación do cartafol.
  •   Iniciar o proceso de elaboración dun cartafol docente.

Profesorado

AMPARO FERNÁNDEZ MARCH

Profesora titular da Universidade Politécnica de Valencia

Programa

1. Marco teórico do cartafol:

   1.1 Novo modelo educativo: repercusións para o ensino.

   1.2 A profesionalización da docencia: análise das competencias docentes.

   1.3 A avaliación do ensino: análise das prácticas actuais.

2. O cartafol docente:

   2.1 Orixes, definición e tipos.

   2.2 Uso do cartafol para desenvolver a competencia reflexiva e para o desenvolvemento profesional.

   2.3 Funcións. audiencias, contextualización,...

   2.4 Contido do cartafol.

   2.5 A elección da información.

   2.6 Estruturas.

   2.7 A preparación do cartafol: os oito pasos para a súa elaboración.

   2.8 A elaboración dun cartafol de calidade: titoría, colaboración, criterios de avaliación, procesos de avaliación.

Calendario

Trátase dun curso semipresencial, cunha duración aproximada de vinte horas para a parte virtual, dúas sesións presenciais de catro horas cada unha e dúas sesións de videoconferencia de dúas horas.

Parte presencial:

Impartirase os días 22 de setembro de 16:00-20:00 horas e 23 de setembro de 10:00-14:00 horas. Nesta parte os participantes analizarán o sentido do cartafol e a súa función como ferramenta de desenvolvemento profesional. Análise do seu proceso de elaboración e iniciación deste.

Parte virtual:

Dende o 24 de setembro ao 2 de novembro a través da plataforma TEMA na que os participantes irán elaborando o seu cartafol e resolveranse as dúbidas a través de titorías virtuais.

Videoconferencias:

Impartiranse os días 3 e 4 de novembro de 10:00-12:00 horas nas que terán lugar as presentacións do cartafol elaborado por cada un dos participantes: Análise das dificultades e reflexión do grupo sobre o aprendido coa súa elaboración, e as distintas concepcións persoais en relación coa docencia. Esta fase realizarase a través de videoconferencia.

Impartido en

Seminario 14 da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

As sesións do 3 e 4 de novembro terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Primeiro andar. Aula 12 (Sala de videoconferencia)

Campus de Pontevedra

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan polo menos a cinco sesións presenciais completas das seis que ten o curso (dúas videoconferencias máis unha sesión cada dúas horas) e participen satisfactoriamente na parte virtual.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos