Obradoiro de creación dun videocurrículum: Se te ven, VÉNdeste

Información do curso

Obradoiro de creación dun videocurrículum: Se te ven, VÉNdeste


Tipo Taller
Código AEE.TCV.2026
Nome Obradoiro de creación dun videocurrículum: Se te ven, VÉNdeste
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 15
Descrición

O videocurrículum consiste nunha presentación en vídeo que un/unha candidato/a realiza sobre si mesmo, sobre a súa traxectoria profesional, as súas aptitudes, habilidades e logros, co obxectivo de acceder a un determinado posto vacante. 

Este formato permite conectar coa empresa con máis facilidade establecendo un primeiro vínculo coa persoa responsable dos procesos de selección, e destacar respecto a outras idaturas grazas ás posibilidades creativas do formato. A/o candidata/o pode expresar nun par de minutos algunhas das súas habilidades e competencias máis destacadas (boa comunicación, creatividade, oratoria ou dominio dun idioma, por exemplo) que o converten na persoa perfecta para o posto. En resumidas contas, o videocurrículum é unha especie de «vídeo promocional» de cada un/ha.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986130110 / 986812136
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Os coñecementos informáticos e do mundo dixital son cada vez máis requiridos polas empresas. De feito, nos últimos anos xurdiu un novo formato de currículo que aproveita ao máximo as capacidades que ofrece o mundo dixital. Estamos a falar do videocurrículum.

Trátase da presentación en vídeo que un/unha candidato/a realiza sobre si mesmo, sobre a súa traxectoria profesional, as súas aptitudes, habilidades e logros, co obxectivo de acceder a un determinado posto vacante. Aínda que poida parecerche complicado, o certo é que só necesitas unha cámara (a túa smartphone pode servirche!), unha localización adecuada e practicar varias veces o teu discurso diante do obxectivo ata que pareza natural!.

O formato vídeo permite conectar coa empresa con máis facilidade establecendo un primeiro vínculo coa persoa responsable dos procesos de selección, e destacar respecto a outras candidaturas grazas ás posibilidades creativas do formato. A/o candidata/o pode expresar nun par de minutos algunhas das súas habilidades e competencias máis destacadas (boa comunicación, creatividade, oratoria ou dominio dun idioma, por exemplo) que o converten na persoa perfecta para o posto. En resumidas contas, o videocurrículum é unha especie de «vídeo promocional» de cada un/ha.

Se eres estudante ou egresado/a da Universidade de Vigo e queres aprender a facer un videocurrículum e como utilizalo para conectar coas entidades empregadoras, non dubides en apuntarte a esta formación. Ademáis terás a oportunidade de presentar os videos xerados ante representantes de empresas e institucións de Galicia e norte de Portugal e entrar a formar parte dos seus procesos de reclutamento. 

Entidades organizadoras

Área de Emprego e Emprendemento

Colabora: EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, financiado a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+)

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 28/10/2026 00:00 - 05/11/2026 12:00
Período de docencia 06/11/2026 - 30/11/2026

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

- Estudantes de tódalas titulacións impartidas pola UVigo

- Egresados e egresadas dos graos e mestrados impartidos pola UVigo

- Investigadores/as da UVigo

Criterios de selección

Por rigoroso orde de inscrición

Obxectivos

- Coñecer un novo formato do CV: o videocurriculum

- Formar en competencias comunicativas verbais e non-verbais

- Aumentar as posibilidades de contacto con entidades emporegadoras participando no Videotalentum, organizado no marco do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal

Profesorado

Roberto Pérez Marijuan.

Campeón internacional Oratoria en Español Toastmasters. TEDx Speaker. Formador en habilidades de comunicación profesional. Co-autor “VISUAL SALES” libro sobre comunicación visual persuasiva.

Programa

  1. Oratoria e comunicación persoal: como comunicar as fortalezas profesionais, estruturar un discurso breve, utilizar a voz e a linguaxe corporal, e transmitir seguridade e credibilidade.
  2. Deseño do videocurrículum: identificación de competencias e proposta de valor, adaptación da mensaxe ao obxectivo profesional, estrutura do vídeo e elaboración do guión.
  3. Comunicación ante a cámara e gravación: técnicas de expresión fronte á cámara, aspectos básicos de iluminación, son e encadre, ensaio e preparación da gravación final.

Calendario

O Obradoiro virtual síncrono ten estimada unha duración de 15 horas, distribuídas como segue:

- 1ª sesión: 6 de novembro de 2026 de 16 a 19h.

- 2ª sesión: 13 de novembro de 2026 de 16 a 19h.

- 3ª sesión: 20 de novembro de 2026 de 16 a 19h.

- 4ª sesión: titoría grupal que se celebrará nun día a elexir da primeira semana de decembro en horario de maña ou tarde (3 h.).

- Traballo autónomo do alumnado adicado á preparación e grabación dun videocurriculum: 3 h.

Modo de pagamento

Gratuito

Impartido en

O curso será impartido a través de Moovi

Sistema de avaliación

A superación do obradoiro supón a relización dun videocurruciculum e a asistencia a 3 das 4 sesións das que consta esta formación

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos