Obradoiro de creación dun videocurrículum: Se te ven, VÉNdeste
Información do curso
Obradoiro de creación dun videocurrículum: Se te ven, VÉNdeste
| Tipo | Taller | ||||
| Código | AEE.TCV.2026 | ||||
| Nome | Obradoiro de creación dun videocurrículum: Se te ven, VÉNdeste |
|
|||
| Modalidade | Virtual síncrona | ||||
| Horas | 15 | ||||
| Descrición | O videocurrículum consiste nunha presentación en vídeo que un/unha candidato/a realiza sobre si mesmo, sobre a súa traxectoria profesional, as súas aptitudes, habilidades e logros, co obxectivo de acceder a un determinado posto vacante. Este formato permite conectar coa empresa con máis facilidade establecendo un primeiro vínculo coa persoa responsable dos procesos de selección, e destacar respecto a outras idaturas grazas ás posibilidades creativas do formato. A/o candidata/o pode expresar nun par de minutos algunhas das súas habilidades e competencias máis destacadas (boa comunicación, creatividade, oratoria ou dominio dun idioma, por exemplo) que o converten na persoa perfecta para o posto. En resumidas contas, o videocurrículum é unha especie de «vídeo promocional» de cada un/ha. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986130110 / 986812136 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Descrición
Os coñecementos informáticos e do mundo dixital son cada vez máis requiridos polas empresas. De feito, nos últimos anos xurdiu un novo formato de currículo que aproveita ao máximo as capacidades que ofrece o mundo dixital. Estamos a falar do videocurrículum.
Trátase da presentación en vídeo que un/unha candidato/a realiza sobre si mesmo, sobre a súa traxectoria profesional, as súas aptitudes, habilidades e logros, co obxectivo de acceder a un determinado posto vacante. Aínda que poida parecerche complicado, o certo é que só necesitas unha cámara (a túa smartphone pode servirche!), unha localización adecuada e practicar varias veces o teu discurso diante do obxectivo ata que pareza natural!.
O formato vídeo permite conectar coa empresa con máis facilidade establecendo un primeiro vínculo coa persoa responsable dos procesos de selección, e destacar respecto a outras candidaturas grazas ás posibilidades creativas do formato. A/o candidata/o pode expresar nun par de minutos algunhas das súas habilidades e competencias máis destacadas (boa comunicación, creatividade, oratoria ou dominio dun idioma, por exemplo) que o converten na persoa perfecta para o posto. En resumidas contas, o videocurrículum é unha especie de «vídeo promocional» de cada un/ha.
Se eres estudante ou egresado/a da Universidade de Vigo e queres aprender a facer un videocurrículum e como utilizalo para conectar coas entidades empregadoras, non dubides en apuntarte a esta formación. Ademáis terás a oportunidade de presentar os videos xerados ante representantes de empresas e institucións de Galicia e norte de Portugal e entrar a formar parte dos seus procesos de reclutamento.
Entidades organizadoras
Área de Emprego e Emprendemento
Colabora: EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, financiado a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+)
Páxina web do curso
https://www.uvigo.gal/es/estudiar/empleabilidad/movilidad-transfronteriza-galicia-norte-portugalInformación sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 28/10/2026 00:00 - 05/11/2026 12:00 |
|---|---|
| Período de docencia | 06/11/2026 - 30/11/2026 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 5 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
- Estudantes de tódalas titulacións impartidas pola UVigo
- Egresados e egresadas dos graos e mestrados impartidos pola UVigo
- Investigadores/as da UVigo
Criterios de selección
Por rigoroso orde de inscrición
Obxectivos
- Coñecer un novo formato do CV: o videocurriculum
- Formar en competencias comunicativas verbais e non-verbais
- Aumentar as posibilidades de contacto con entidades emporegadoras participando no Videotalentum, organizado no marco do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal
Profesorado
Roberto Pérez Marijuan.
Campeón internacional Oratoria en Español Toastmasters. TEDx Speaker. Formador en habilidades de comunicación profesional. Co-autor “VISUAL SALES” libro sobre comunicación visual persuasiva.
Programa
- Oratoria e comunicación persoal: como comunicar as fortalezas profesionais, estruturar un discurso breve, utilizar a voz e a linguaxe corporal, e transmitir seguridade e credibilidade.
- Deseño do videocurrículum: identificación de competencias e proposta de valor, adaptación da mensaxe ao obxectivo profesional, estrutura do vídeo e elaboración do guión.
- Comunicación ante a cámara e gravación: técnicas de expresión fronte á cámara, aspectos básicos de iluminación, son e encadre, ensaio e preparación da gravación final.
Calendario
O Obradoiro virtual síncrono ten estimada unha duración de 15 horas, distribuídas como segue:
- 1ª sesión: 6 de novembro de 2026 de 16 a 19h.
- 2ª sesión: 13 de novembro de 2026 de 16 a 19h.
- 3ª sesión: 20 de novembro de 2026 de 16 a 19h.
- 4ª sesión: titoría grupal que se celebrará nun día a elexir da primeira semana de decembro en horario de maña ou tarde (3 h.).
- Traballo autónomo do alumnado adicado á preparación e grabación dun videocurriculum: 3 h.
Modo de pagamento
Gratuito
Impartido en
O curso será impartido a través de Moovi
Sistema de avaliación
A superación do obradoiro supón a relización dun videocurruciculum e a asistencia a 3 das 4 sesións das que consta esta formación


