Axentes e roles no acoso escolar. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
Información do curso
Axentes e roles no acoso escolar. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | UNDIV260009 | ||||
Nome | Axentes e roles no acoso escolar. REPENSANDO A DIVERSIDADE: FERRAMENTAS PARA UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 3 | ||||
Descrición | O ciclo coordinado por Felisindo Estévez propón un itinerario formativo e vivencial no que se traballan as emocións, os valores e as actitudes necesarias para construír contornas educativas seguras, igualitarias e respectuosas coa diversidade. A través de dinámicas de grupo, reflexións guiadas e exercicios prácticos, foméntase unha mirada restaurativa e humanista da convivencia universitaria. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 647 343033 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Nesta sesión analízanse os distintos roles implicados nun proceso de acoso: vítima, persoa/s agresora/s, persoa/s observadoras e institución.
A partir de dinámicas e simulacións, búscase comprender as motivacións, as emocións e os efectos asociados a cada papel, para así promover estratexias de cambio e intervención positiva.
O obradoiro permite reflexionar sobre o papel que xogan a pasividade, o silencio e a complicidade no mantemento do acoso, e sobre como a educación pode transformar esas dinámicas en accións de apoio e solidariedade.
Enfócase especialmente na responsabilidade dos observadores como potenciais axentes de cambio
Entidades organizadoras
Unidade de Diversidade. Universidade de Vigo
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 15/10/2025 08:30 - 13/01/2026 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 14/01/2026 08:30 - 20/01/2026 23:59 |
Período de docencia | 27/01/2026 - 27/01/2026 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 35 |
---|
Destinatarios/as
Estudantado
PDI
PTXAS
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Obxectivos
- Analizar os diferentes roles implicados nas situacións de acoso.
- Comprender as dinámicas grupais que perpetúan a violencia.
- Fomentar a reflexión ética e a responsabilidade individual ante o acoso.
- Impulsar o paso da observación pasiva á intervención solidaria.
- Dotar de ferramentas para actuar como axentes de cambio e apoio.
Profesorado
Félisindo Estévez García (Educador social).
Calendario
Martes, 27 de xaneiro 2026, de 15:30 horas a 18:30 horas.
Modo de pagamento
De balde
Impartido en
Aula 0.10 do Edificio de Ferro. Campus de Ourense.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
As persoas participantes recibirán certificado oficial da Universidade de Vigo, sempre que acrediten a asistencia mínima do 80% da sesión.
O programa inclúe obradoiros independentes, as persoas poden participar en varios deles, acumulando horas para a certificación final que indicará obradoiros realizados e número total de horas de formación acreditadas.